Climat, a abelliña climántica, descobre no seu longo percorrido o lamentable estado do planeta. A piques de morrer polos efectos da contaminación, atopa un grupo de mozos dispostos a concienciar a humanidade da necesidade de eliminar os hábitos perniciosos para o planeta.
I.E.S. de Arzúa 4º ESO Alba Andrade Vázquez Iria Remuiñán Pereiro Yolanda Rial Vázquez
Axenda que invita a todos e cada un de nós a participar na loita contra o cambio climático por medio de pequenos xestos da vida diaria. Editada como un pequeno caderno, foi distribuída entre as familias climánticas de Arzúa para invitalas a formar parte do proxecto.
Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible convoca a TERCEIRA EDICIÓN dos Premios Climántica para estudantes de Educación Primaria, ESO e Bacharelatos, Ciclos Formativos e Universidade. Todos os traballos presentados ao concurso publicaranse no nº 2 da revista CLMNTK e os da categoría multimedia poderán visualizarse na sección Alumnos do apartado Biblioteca de climantica.org. Todos os autores do nº 2 de CLMNTK serán convidados a asistir ao Segundo Congreso dos autores de CLMNTK que se celebrará no Palacio de Congresos de Pontevedra o sábado 20 de xuño de 2009.
Os centros educativos que participen nos premios de carácter económico establecidos na Orde do 19 de decembro de 2008, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, pola que se aproban as bases reguladoras e a convocatoria dos premios a experiencias curriculares no proxecto Climántica 2008-2009, e que decidan incluír estes traballos na escolma de cinco traballos modelos establecidos na disposición 8ª.c) que teñen que enviar antes de finais de agosto de 2009, bastará con facelo constar, indicando que se presentou ao II Congreso e sinalando o títulos e autores, evitando así ter que enviar os traballos coa documentación establecida na disposición 8ª.
Ao remate do congreso entregaranse os vales aos 30 estudantes de ESO e Primaria, 30 de bacharelato e ciclos formativos e aos 6 universitarios. O premio correspondente ao ensino obrigatorio (ESO e 6º de Primaria) efectuarase do 25 ao 29 de xuño e durante eses 5 días os estudantes visitarán nun veleiro tipo goleta illas e portos de Galicia desenvolvendo diversas actividades de educación ambiental nas rías e nas localidades costeiras. Os 36 premiados de bacharelato, ciclos formativos e universidade terán a estancia formativa nun campamento de Educación Ambiental de Galicia que se determinará e comunicará no II Congreso e que se desenvolverá entre o 7 e o 11 de setembro de 2009.
As bases recóllense neste documento que se presenta con formato póster para que se poida imprimir e poñer nos taboleiros das aulas. Cada traballo que se envíe deberá ir acompañado da ficha de inscripción na que o autor/a ou autores (máximo 3 membros por grupo) describan o que desexan comunicar co traballo. Os traballos remitiranse á seguinte dirección de correo electrónico concursos@climantica.org. O prazo de presentación de traballos vai desde o mes de febreiro ate o 10 de maio do 2009. Todos os traballos teñen que ter a súa ficha de inscrición enviada a concursos concursos@climantica.org e se o envío se completa por correo ordinario a:
Climántica Consellería de Medio Ambiente Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela
Só se poderán publicar aqueles que entren antes do 20 de maio, data na que a revista se pasa á imprenta.
Para poder percibir o premio, o estudante deberá presentar antes da saída unha certificación académica en conforme estivo matriculado durante o curso 2008-2009 nun centro de ensino no nivel polo que concursou, copia certificada do DNI, copia da tarxeta sanitaria e se fora menor de idade unha autorización permitíndolle asistir á estancia, asinada polo pai, nai ou titor legal.
C.P.R. Hijas de Cristo Rey 4º ESO Eva Montenegro Garat Clara González Arrojo
En este traballo amosamos algunhas das moitas consecuencias do cambio climático e aportamos algunhas solucións que poden axudar a ralentizar este proceso.
I.E.S. de Arzúa 1º ESO Diana Cotón Vázquez Marta Taboada López Hugo Daniel Teixeira Ferreira
A acción humana incrementa o CO2 na atmosfera que impide a saída da radiación calorífica que emite a superficie terrestre aumentando polo tanto o efecto invernadoiro natural.
C.P.R. Hijas de Cristo Rey 4º ESO Olalla Domingo Varela Sara Pan Temprano
Repercusión del cambio climático en las diferentes áreas de la Tierra según los posibles aumentos de la temperatura (también abarca huracanes, alergias y enfermedades causadas por los mosquitos).