¿Coidamos o Planeta?

I.E.S. Virxe do Mar
1º ESO

Paula Otero Troitiño
Laura Martínez Castro
Sara Sóñora López

Trátase dunha presentación na que se amosan as causas do cambio climático e se inclúe unha pequena enquisa realizada na rúa con preguntas sobre aspectos relacionados coa contaminación e o cambio climático.

 

Aínda estamos a tempo para cambiar

imagen noticia

I.E.S. Poeta Añón
3º ESO

María Ana Romero Romero

A poesía trata sobre a contaminación do mar, fonte de vida en Galicia para moita xente e tamén sobre o cambio climático que afecta a vida de moitos seres mariños

 

Canción á Natureza

I.E.S. Poeta Añón - I.E.S. Lamas de Abade
3º e 4º ESO

Noelia Abelleira Pedrares
Irene Moledo Mayo

Que mellor forma de chegar a todos que ca música? Xa sabemos que cancións da natureza hai moitas, pero cada un vea de distintas maneiras. Velaquí a nosa.


CANCIÓN Á NATUREZA
(versión xuvenca)

O mundo que cambiou,
non sei se para ben.
O tempo que perdeu,
a sua razón de ser.
Ninguén escoita xa,
do río o seu cantar.
E se son familiar,
silencio no lugar.

Baio, baio, baio.
O río ven baldeiro.
Baio, baio, baio.
Natura es un recordo.

Vin a terra sufrir,
da noite o seu xemir,
do vento o seu ouvear,
a estrela a se apagar.
Que lonxe está o sachar
ou a terra apañar.
Que pena ver morrer
todo un xeito de facer.

Baio, baio, baio.
O río ven baldeiro.
Baio, baio, baio.
Natura es un recordo.

Baio, baio, baio.
O río ven baldeiro.
Baio, baio, baio.
Natura es un recordo.

 

O Miño: un río ameazado

C.P.I. da Cañiza
3º ESO

Lorena Da Cruz Fernández
Patricia Fernández De Jesús
Sandra Pereira Rodríguez

Vídeo no que se explica cal é o papel dos ríos na conservación do medio, e a súa contribución á reducción da concentración de CO2 na atmosfera, a través dun percorrido polo río Miño dende Ourense ata Arbo pasando por Ribadavia, Filgueira e Crecente, indicando cales son os riscos medioambientais que o ameazan.

 

Climantrivial

imagen noticia

I.E.S. de Arzúa
2º ESO

Álvaro Castro Cajade
Nuria Carreira Vázquez
Iván Seoane Valiño

Aprender xogando é o lema deste traballo. Baseándonos na idea orixinal do Trivial Pursuit elaboramos un modelo para poder aprender, ao mesmo tempo que xogamos, conceptos relacionados co cambio climático e tamén para sensibilizármonos co coidado do noso planeta.

 

O planeta está en perigo

C.E.I.P. de Rebordáns
6º Primaria

Desiree Álvarez Gómez
Melisa Pereira López

Canción que trata sobre os perigos polos que está pasando a terra.


O PLANETA ESTÁ EN PERIGO... DE EXTINCIÓN

Sempre estragando a terra sen ningunha razón,
sempre sen agradecerlle todo o que fai por nós.

Danos o aire que respiramos,
danos a auga que utilizamos,
e a cambio,  que lle damos nós.

Unha das cousas que podemos facer,
é coidar o planeta sen esquecer
que coa cabeza sempre hai que pensar
cando o lixo ao chan vas a tirar
cando o lixo ao chan vas a tirar.

O PLANETA ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCIÓN
O PLANETA ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCIÓN

Isto está nas nosas mans,
podemos axudar
apagar as luces
e a terra se salvará

Danos o aire que respiramos,
danos a auga que utilizamos,
e a cambio,  que lle damos nós.

Unha das cousas que podemos facer,
é coidar o planeta sen esquecer
que coa cabeza sempre hai que pensar
cando o lixo ao chan vas a tirar
cando o lixo ao chan vas a tirar.

O PLANETA ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCIÓN.
O PLANETA ESTÁ EN PERIGO DE EXTINCIÓN.

Autoras:
Melisa Pereira López
Desiree Álvarez Gómez

 

Teño un burato no corazón

imagen noticia

I.E.S. de Arzúa
2º ESO

Álvaro Castro Cajade

Coa metáfora planeta Terra - corazón construín esta poesía para tratar de sensibilizar as persoas de que é urxente tomar medidas para salvar o noso planeta. É un chamamento á xente para evitar de destruír a nosa casa, ao cabo, a nosa vida.

 

A contaminación

I.E.S. Fragas do Eume
1º ESO

Cesar Vargas Collazos
Noélia Regueiro Espada
Lydia Varela Barros

Con este vídeo intentamos demostrar tódolos estragos que causamos.