Convocatoria do III Congreso CLMNTK e dos Premios Climántica para estudantes
Publicado March 10, 2010 23:00 en Premios Climántica |
0 comentarios
Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático e promover actitudes máis sostibles co medio, a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas convoca o III Congreso CLMNTK e os Premios Climántica para estudantes de Educación Primaria, ESO, Bacharelatos, Ciclos Formativos e Universidade.
O prazo de presentación de traballos queda aberto dende a data de comunicacion na web de Climántica ata o 10 de maio do 2010. Todos os traballos teñen que ter a súa ficha de inscrición enviada a concursos@climantica.org e se o envío se completa por correo ordinario a:
Cada traballo que se envíe deberá ir acompañado da ficha de inscrición na que o autor/a ou autores describan o que desexan comunicar co traballo. Todos os traballos publicaranse no nº 3 da revista CLMNTK e os da categoría multimedia poderán visualizarse na sección Alumnos do apartado Biblioteca de climantica.org. Só se poderán publicar na revista aqueles traballos que cheguen antes do 20 de maio, data na que a revista se pasará á imprenta.
Todos os autores do nº 3 de CLMNTK serán convidados a asistir ao Terceiro congreso de autores de CLMNTK que se celebrará no Palacio de Congresos de Pontevedra o sábado 19 de xuño de 2010.
Os traballos que se envíen coa intención de que se teñan en conta para participar nos premios xerais para Primaria e ESO, Bacharelatos e Ciclos formativos e Universidade e no premio especial para Primaria, deberán ser individuais ou en grupos de un númera máximo de 3 alumnos. Os que superen este número incluiránse no concurso para os premios especiais a grupos grandes: teatro, dramatizacións, coros, danzas, etc.
Os traballos terán que ver coas temáticas do proxecto e tomarán como referencia as seguintes categorías:
Climántica quere que este Congreso sexa un premio para os estudantes de 3º ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos formativos e Universidade que presenten traballos. Por iso o feito de presentar traballos da dereito a asistir gratuitamente cos pais ou representantes legais ao congreso, no que a presentación dos traballos dos estudantes se acompañará de humor, maxia e música. Pero ademáis o feito de mandar traballos ao congreso da dereito a participar noutros premios.
Premios xerais para os niveis e etapas educativas (individuais ou máximo 3 estudantes):
Premios especiais:
PREMIO CAMIÑO A BRASILIA
Climántica vai seleccionar a 2 dos 12 delegados que representarán a España na Conferencia Internacional infanto-juvenil "Cuidemos el Planeta" que terá lugar en Brasilia en xuño de 2010, e que xuntará a xóvenes de 12 a 15 anos para discutir os problemas socioambientais globais enfocados ao cambio climático.
Os dous representantes galegos (un mozo e unha moza) serán seleccionados polos seus traballos en texto, animacións, curtos... e/ou críticas positivas todos eles encamiñados á redacción do documento "Carta do compromiso dos estudantes de Galicia co Planeta" que se elaborará mediante a aplicación www.wiklimantica.com.Valorarase asimesmo como méritos a participación e os traballos presentados polos estudantes ás distintas edicións do Congreso de Estudantes de Climántica e que acadaron algún premio.
Os dous delegados elexidos permanecerán como representantes de España ata a convocatoria do seguinte cumio.
Para poder percibir os premios de estancias formativas e de Camiño a Brasilia, o estudante deberá presentar antes da saída unha certificación académica en conforme estivo matriculado durante o curso 2009-2010 nun centro de ensino no nivel polo que concursou, copia certificada do DNI, copia da tarxeta sanitaria e se fora menor de idade unha autorización permitíndolle asistir á estancia, asinada polo pai, nai ou titor legal.

Climántica
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe
San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela

- Literatura: Redaccións, comics, relatos reais e de ficción ou poesías.
- Multimedia: Os formatos nos que se presenten deben responder ás seguintes características técnicas: resolución mínima 320 x 240. Formato de vídeo: mov, mp4, vob, dv, flv, avi, 3gp. As modalidades son diversas e poden tomarse como referencia:
- Curtos, animacións ou pequenos vídeos nos que se conta unha historia sobre a base dun guión.
- Presentacións.
- Entrevistas, representacións teatrais e cancións gravadas.
- Artes plásticas. Ademáis do orixinal, entregarase unha copia dixital ou fotografía en formato jpg ou bmp. As modalidades son diversas e pode tomarse como referencia:
- Fotografía da realidade ou de representacións como maquetas ou modelos doutro tipo. Cada foto debe levar unha breve referencia do que queren comunicar, e no caso das maquetas o que representan o cómo se elaboraron.
- Debuxos.
- Pósteres. Neste caso debe facerse chegar o orixinal ao enderezo de correo ordinario.
Climántica quere que este Congreso sexa un premio para os estudantes de 3º ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos formativos e Universidade que presenten traballos. Por iso o feito de presentar traballos da dereito a asistir gratuitamente cos pais ou representantes legais ao congreso, no que a presentación dos traballos dos estudantes se acompañará de humor, maxia e música. Pero ademáis o feito de mandar traballos ao congreso da dereito a participar noutros premios.
Premios xerais para os niveis e etapas educativas (individuais ou máximo 3 estudantes):
- Premio xeral para 5º e 6º de Primaria a 25 alumnos: Estancia formativa nun campamento de Educación Ambiental de Galicia que se comunicará no III Congreso e que se desenvolverá entre o 24 e o 27 de xuño de 2010.
- Premio xeral de ESO a 30 alumnos: Travesía de 5 días (dende o 24 ao 28 de xuño) nun veleiro tipo goleta visitando distintos puntos do litoral galego e desenvolvendo diversas actividades de educación ambiental tanto no barco coma en terra.
- Premio xeral de ensino non universitario non obrigatorio a 30 estudantes de Bacharelato e Ciclos Formativos: Estancia formativa nun campamento de Educación Ambiental de Galicia que se comunicará no III Congreso e que se desenvolverá entre o 7 e o 11 de setembro de 2010.
- Premio xeral Universidade a 9 estudantes universitarios de grao ou posgrao. Estancia no mesmo campamento de Educación Ambiental que os premiados na categoría anterior. Os gañadores terán que desenvolver un plan de actividades lúdicas e de convivencia que levarán á práctica no campamento converténdose, deste xeito, en monitores dos seus compañeiros de Bacharelato e Ciclos Formativos. O obxectivo deste plan é acadar a sensibilización ambiental e a cohesión do campamento, poñendo especial énfase na dimensión educativa das veladas nocturnas. A súa proposta de actividades deberá achegarse xunto cos traballos presentados ao congreso.
Premios especiais:
- Grupos de 4 a 50 alumnos que presenten obras de teatro, cancións, dramatizacións: Itinerario educativo en Galicia que se consensuará e coordinará cos seus docentes e que se desenvolverá o 27 de setembro.
- Todos os alumnos que presenten cancións, individualmente ou por grupos, e sexan seleccionados para participar no festival do Congreso serán premiados cun reprodutor MP4.
PREMIO CAMIÑO A BRASILIA
Climántica vai seleccionar a 2 dos 12 delegados que representarán a España na Conferencia Internacional infanto-juvenil "Cuidemos el Planeta" que terá lugar en Brasilia en xuño de 2010, e que xuntará a xóvenes de 12 a 15 anos para discutir os problemas socioambientais globais enfocados ao cambio climático.
Os dous representantes galegos (un mozo e unha moza) serán seleccionados polos seus traballos en texto, animacións, curtos... e/ou críticas positivas todos eles encamiñados á redacción do documento "Carta do compromiso dos estudantes de Galicia co Planeta" que se elaborará mediante a aplicación www.wiklimantica.com.Valorarase asimesmo como méritos a participación e os traballos presentados polos estudantes ás distintas edicións do Congreso de Estudantes de Climántica e que acadaron algún premio.
Os dous delegados elexidos permanecerán como representantes de España ata a convocatoria do seguinte cumio.
Para poder percibir os premios de estancias formativas e de Camiño a Brasilia, o estudante deberá presentar antes da saída unha certificación académica en conforme estivo matriculado durante o curso 2009-2010 nun centro de ensino no nivel polo que concursou, copia certificada do DNI, copia da tarxeta sanitaria e se fora menor de idade unha autorización permitíndolle asistir á estancia, asinada polo pai, nai ou titor legal.
Poster da convocatoria en pdf.