Co obxectivo de sensibilizar sobre o problema do cambio climático e promover actitudes máis sostibles co medio, a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas convoca o
III Congreso CLMNTK e os
Premios Climántica para estudantes de Educación Primaria, ESO, Bacharelatos, Ciclos Formativos e Universidade.
O prazo de presentación de traballos queda aberto dende a data de comunicacion na web de Climántica ata o 10 de maio do 2010. Todos os traballos teñen que ter a súa
ficha de inscrición enviada a
concursos@climantica.org e se o envío se completa por correo ordinario a:
Climántica
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe
San Lázaro, s/n 15781 Santiago de Compostela
Cada traballo que se envíe deberá ir acompañado da
ficha de inscrición na que o autor/a ou autores describan o que desexan comunicar co traballo. Todos os traballos publicaranse no nº 3 da
revista CLMNTK e os da categoría multimedia poderán visualizarse na sección
Alumnos do apartado Biblioteca de climantica.org. Só se poderán publicar na revista aqueles traballos que cheguen antes do 20 de maio, data na que a revista se pasará á imprenta.
Todos os autores do nº 3 de CLMNTK serán convidados a asistir ao
Terceiro congreso de autores de CLMNTK que se celebrará no Palacio de Congresos de Pontevedra o sábado 19 de xuño de 2010.
Os traballos que se envíen coa intención de que se teñan en conta para participar nos premios xerais para Primaria e ESO, Bacharelatos e Ciclos formativos e Universidade e no premio especial para Primaria, deberán ser individuais ou en grupos de un númera máximo de 3 alumnos. Os que superen este número incluiránse no concurso para os premios especiais a grupos grandes: teatro, dramatizacións, coros, danzas, etc.
Os traballos terán que ver coas temáticas do proxecto e tomarán como referencia as seguintes categorías:
- Literatura: Redaccións, comics, relatos reais e de ficción ou poesías.
- Multimedia: Os formatos nos que se presenten deben responder ás seguintes características técnicas: resolución mínima 320 x 240. Formato de vídeo: mov, mp4, vob, dv, flv, avi, 3gp. As modalidades son diversas e poden tomarse como referencia:
- Curtos, animacións ou pequenos vídeos nos que se conta unha historia sobre a base dun guión.
- Presentacións.
- Entrevistas, representacións teatrais e cancións gravadas.
- Artes plásticas. Ademáis do orixinal, entregarase unha copia dixital ou fotografía en formato jpg ou bmp. As modalidades son diversas e pode tomarse como referencia:
- Fotografía da realidade ou de representacións como maquetas ou modelos doutro tipo. Cada foto debe levar unha breve referencia do que queren comunicar, e no caso das maquetas o que representan o cómo se elaboraron.
- Debuxos.
- Pósteres. Neste caso debe facerse chegar o orixinal ao enderezo de correo ordinario.
PREMIOS DIRECTAMENTE RELACIONADOS CON ESTE CONGRESOClimántica quere que este Congreso sexa un premio para os estudantes de 3º ciclo de Primaria, ESO, Bacharelato, Ciclos formativos e Universidade que presenten traballos. Por iso o feito de presentar traballos da dereito a asistir gratuitamente cos pais ou representantes legais ao congreso, no que a presentación dos traballos dos estudantes se acompañará de humor, maxia e música. Pero ademáis o feito de mandar traballos ao congreso da dereito a participar noutros premios.
Premios xerais para os niveis e etapas educativas (individuais ou máximo 3 estudantes):
- Premio xeral para 5º e 6º de Primaria a 25 alumnos: Estancia formativa nun campamento de Educación Ambiental de Galicia que se comunicará no III Congreso e que se desenvolverá entre o 24 e o 27 de xuño de 2010.
- Premio xeral de ESO a 30 alumnos: Travesía de 5 días (dende o 24 ao 28 de xuño) nun veleiro tipo goleta visitando distintos puntos do litoral galego e desenvolvendo diversas actividades de educación ambiental tanto no barco coma en terra.
- Premio xeral de ensino non universitario non obrigatorio a 30 estudantes de Bacharelato e Ciclos Formativos: Estancia formativa nun campamento de Educación Ambiental de Galicia que se comunicará no III Congreso e que se desenvolverá entre o 7 e o 11 de setembro de 2010.
- Premio xeral Universidade a 9 estudantes universitarios de grao ou posgrao. Estancia no mesmo campamento de Educación Ambiental que os premiados na categoría anterior. Os gañadores terán que desenvolver un plan de actividades lúdicas e de convivencia que levarán á práctica no campamento converténdose, deste xeito, en monitores dos seus compañeiros de Bacharelato e Ciclos Formativos. O obxectivo deste plan é acadar a sensibilización ambiental e a cohesión do campamento, poñendo especial énfase na dimensión educativa das veladas nocturnas. A súa proposta de actividades deberá achegarse xunto cos traballos presentados ao congreso.
Premios especiais:
- Grupos de 4 a 50 alumnos que presenten obras de teatro, cancións, dramatizacións: Itinerario educativo en Galicia que se consensuará e coordinará cos seus docentes e que se desenvolverá o 27 de setembro.
- Todos os alumnos que presenten cancións, individualmente ou por grupos, e sexan seleccionados para participar no festival do Congreso serán premiados cun reprodutor MP4.
Os premios serán comunicados ao remate do III Congreso de Estudantes.
PREMIO CAMIÑO A BRASILIAClimántica vai seleccionar a 2 dos 12 delegados que representarán a España na Conferencia Internacional infanto-juvenil "Cuidemos el Planeta" que terá lugar en Brasilia en xuño de 2010, e que xuntará a xóvenes de 12 a 15 anos para discutir os problemas socioambientais globais enfocados ao cambio climático.
Os dous representantes galegos (un mozo e unha moza) serán seleccionados polos seus traballos en texto, animacións, curtos... e/ou críticas positivas todos eles encamiñados á redacción do documento "Carta do compromiso dos estudantes de Galicia co Planeta" que se elaborará mediante a aplicación
www.wiklimantica.com.Valorarase asimesmo como méritos a participación e os traballos presentados polos estudantes ás distintas edicións do Congreso de Estudantes de Climántica e que acadaron algún premio.
Os dous delegados elexidos permanecerán como representantes de España ata a convocatoria do seguinte cumio.
Para poder percibir os premios de estancias formativas e de Camiño a Brasilia, o estudante deberá presentar antes da saída unha certificación académica en conforme estivo matriculado durante o curso 2009-2010 nun centro de ensino no nivel polo que concursou, copia certificada do DNI, copia da tarxeta sanitaria e se fora menor de idade unha autorización permitíndolle asistir á estancia, asinada polo pai, nai ou titor legal.