Clausura do curso "Climántica na materia de CCMC, dende a sostibilidade e as TIC"

imagen noticia

O curso de posgrao de Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo, dende a sostibilidade e as TIC clausurouse o pasado 7 de marzo en Cuntis, coa celebración dunha mesa redonda. Os participantes da mesma aportaron dende diversas disciplinas a súa visión sobre a problemática do cambio climático abrindo interesantes vías de debate para que os docentes as exploren co seu alumnado.

O xeólogo Francisco Anguita suxeriu botar unha ollada ao pasado climático do Planeta para poder comprender os escenarios futuros, e nos introduciu no último período da historia da Terra, o Antropoceno. Emilio Marañón mergullouse na Oceanografía e deixou moi clara a vital importancia dos océanos como sumidoiros naturais de CO2 ( a metade de todo o CO2 antropoxénico emitido á atmosfera dende a revolución industrial foi captado polos océanos). Pola súa parte Jacobo Feijóo disertou sobre o papel da agricultura no marco do cambio climático, sostendo que un dos retos futuros da mesma é a produción de forma sostible dos alimentos para unha poboación en constante crecemento. A intervención de Ángel Carracedo centrouse na xenética das poboacións humanas e no estudo da súa variación indicando que a diversidade das poboacións humanas permitiu adaptarnos a climas e lugares distintos. José Rivas fixo un percorrido polas últimas tendencias na investigación en Nanotecnoloxía e das diferentes aplicacións que pode ter nun futuro non tan lonxano en áreas como a do ambiente, recursos, enerxía ou na medicina.

 

Curso de formación do profesorado "Aprendendo coas Escolas Climánticas"

imagen noticia

O sábado 18 de abril comezará a partires das 10 da mañán o curso de formación do profesorado Aprendendo coas Escolas Climánticas, que se desenvolverá na súa fase presencial os sábados 18 e 25 de abril, e 9, 16 e 23 de maio de 2009 das 10:00 ás 14: 00 horas, e rematará coa posta en común o 6 de xuño de 2009, sábado, das 09:30 ás 14:30 horas. O lugar de celebración será a Facultade de Físicas no campus Sur da Universidade de Santiago de Compostela.

A finalidade deste curso é prácticar as metodoloxías para a introducción do proxecto Climántica en primaria, o cal consta de 30 horas. A inscripción pode facerse a través do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado http://www.edu.xunta.es/fprof ata o 27 de marzo de 2009.

Para ampliar información pódese descargar o tríptico do curso.

 

Finalizado o Segundo curso presencial de formación do profesorado

imagen noticia

imagen noticia

Durante a tarde do venres 13 e a mañá do sábado 14 de marzo desenvolvéronse as actividades do curso presencial de formación do profesorado correspondente á segunda etapa de Climántica de enerxía e cambio climático. Nas xornadas presentouse o contido do libro didáctico Se queimamos quentamos que supón a base do deseño de posteriores propostas didácticas e alimenta de contido inicial a esta segunda etapa que se pon en marcha.

Climántica agradece o esforzo dos relatores por situar as comunicacións científicas no marco da estrutura deste libro didáctico e o rigor e claridade das súas exposicións. Tamén quere agradecer a atención e participación dos máis de 400 asistentes a estas xornadas.

O equipo de autores do libro que se entregou en formato CD e que en breve pasará a ser contido navegable do apartado desta web que se refire á etapa 2, desexan que este material sexa útil aos docentes.

 

Nota sobre o programa social do curso da Unidade 2 de Climántica

imagen noticia

Una vez cerrado el período de solicitud de pernoctación, se procede en este momento a la comunicación de los resultados por medio de un correo electrónico a cada uno de los admitidos, con la lista de los mismos (en un archivo adjunto).

Podéis contestar al mismo correo electrónico, en el plazo de 24 hs. (se cierra el jueves a las 15:00 hs.), en caso de que tengáis alguna preferencia a la hora de compartir habitación.

En caso de no recibir contestación el criterio de adjudicación será el marcado en la propia ficha de solicitud: según estricto orden de llegada de la ficha y sexo de los solicitantes.

El reparto de habitaciones será notificado en un segundo mail.

Se tenéis alguna duda respeto al programa social podéis llamar al teléfono 981 93 53 03 (Ana).

Quedan plazas disponibles para la cena y para el cóctel que pueden solicitarse enviado un correo a cursoud2@climantica.org.

 

Cuestións organizativas sobre o curso da Unidade 2 de Climántica

imagen noticia

Para dar cabida aos 418 inscritos, cámbiase a sala na que se desenvolverán as conferencias correspondentes ao curso sobre a unidade 2 de Climántica, quedando agora na sala Obradoiro do Palacio de Congresos de Galicia, onde se procederá a acreditar aos asistentes. Para que se poida certificar a asistencia dos inscritos a través de http://www.edu.xunta.es/fprof é imprescindible a acreditación e sinatura das sesións do venres e do sábado. A recepción e entrega de material adiántase ás 16:00 para que o feito de dar cabida a toda a inscrición non afecte ao inicio das actividades prevista para as 17:00.

Por esta razón a organización agradece ao profesorado con destino máis próximo a sede, que se achegue canto antes para conseguir o obxectivo de manter o horario das conferencias. Co fin de pechar un número aproximado de asistentes ao programa social proposto, as persoas que desexen asistir á cea social, ao catering de despedida e as que tendo dereito a aloxarse por distancia e lugar de traballo e residencia, queiran participar no sorteo das habitacións dobres reservadas, deberán cubrir a ficha e enviala ao enderezo electrónico ou número de fax que nela se indican.

 

Segundo curso presencial de formación do profesorado Climántica os días 13 e 14 de marzo de 2009

imagen noticia

Duración: 10 horas presenciais. Datas: Venres 13 pola tarde e sábado 14 pola mañá.

O segundo curso Climántica de formación do profesorado celebrarase no hotel Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, sito na rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, coa seguinte axenda:

Venres 13 de marzo

16:30 - 17:00 Recepción e entrega de documentación.

17:00 - 17:30 Presentación da unidade 2 de Climántica Se queimamos, quentamos. Francisco Sóñora Luna, director de Climántica.

17:30 - 18:30 Conferencia coloquio Historia das fontes enerxéticas de Galicia. Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía da USC e Vicepresidente do Consello da Cultura Galega.

18:45 - 19:45 Conferencia Fluxos de enerxía nos ecosistemas e cambio climático. Ricardo Anadón, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Oviedo.

19:45 - 20:45 Conferencia Carbón e petróleo: limitacións e riscos xeolóxicos. Francisco Anguita, profesor de Xeoloxía da Universidade Complutense de Madrid.

20:45 - 21:55 Mesa redonda Unha visión comparativa sobre as posibilidades da Educación Enerxética nos sistemas educativos do século XXI.

  • - Mª Arminda Pedrosa, profesora de Química da Universidade de Coimbra.
  • - Juan Fundora, catedrático de Educación Enerxética da Universidade da Habana.
  • - José Mendoza, coordinador do grupo de Educación Enerxética do ICE da USC.

Sábado 14 de marzo

9:00 - 10:00 Conferencia Axentes e víctimas do cambio climático e da crise enerxética: unha visión ética desde o dereito laboral. Asunción Alarranz,profesora de Dereito Laboral da Universidade de A Coruña.

10:00 - 11:00 Conferencia Da enerxía primaria á final: o futuro do hidróxeno. Bernardo Parajó, profesor de Enxeñería Industrial e director da Axencia Enerxética de Vigo.

11:00 - 12:00 Conferencia Plano enerxético de Galicia: posibilidades didácticas e divulgativas. Representante do INEGA.

12:15 - 13:15 Conferencia Evolución da situación enerxética de España no marco do cambio climático: pasado, presente e escenarios futuros. Ignacio L. Hierro, profesor da Universidade de Comillas de Madrid.

13:15 - 14:25 Obradoiro Reforestar para compensar a pegada de C do centro educativo. Jacobo Feijó, Secretario Xeral de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias.

Para máis información pódese consultar e descargar o tríptico.

Para inscribirse en www.edu.xunta.es/fprof hai que seleccionar en Área: Temas transversais e en CFR: Servizos centrais.

 

Xornada informativa para a introdución de Climántica en Educación Primaria

imagen noticia

Hoxe tivo lugar no Museo Pedagóxico de Galicia a presentación oficial da entrada do proxecto de educación ambiental Climántica en Educación Primaria. A xornada comezou cunha primeira sesión formativa dirixida a docentes, na cal explicouse, e detallado a profesores deste nivel de ensino, as características do proxecto e os seus obxectivos.

Nesta presentación participaron Agustín Agra, profesor de Bioloxía e Xeoloxía e autor da novela A Treboada de C; Luz Castro, coordinadora do grupo de traballo de elaboración do videoxogo CLMTK; Susana Vázquez, coordinadora do grupo TIC de Climántica, e Francisco Sóñora, director do proxecto Climántica. O obxectivo principal desta primeira sesión foi presentar o proxecto por primeira vez a estes mestres, a metodoloxía interdisciplinar que utiliza, así como os materiais e recursos específicos para Primaria, como a novela A Treboada de C, dentro da serie Contos Climánticos, o videoxogo de simulación e estratexia CLMNTK ou os cómics Palmira e Marcial, Odisea Medioambiental.

A segunda parte da xornada contou coa participación da Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón; o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez; a Directora Xeral de Ordenación Universitaria, María José Pérez Mariño, e o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Fernández Suárez.

Durante a súa exposición, a Conselleira de Educación mostrou o seu apoio e respaldo ao proxecto Climántica así como a súa satisfacción por colaborar nun proxecto así coa Consellería de Medio Ambiente, recordando ao mesmo tempo a necesidade existente de estruturar a educación ambiental: Climántica é un modelo a seguir pola súa innovación metodolóxica. O reto actual é a súa introdución en Educación Primaria, pero estou convencida de que vai ter, como mínimo, o mesmo éxito que conseguiu en Secundaria.

O Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, pola súa banda, mostrou o seu agradecemento á Conselleira pola súa colaboración no proxecto e sentiuse orgulloso de sentar as bases do futuro na loita contra o cambio climático a través deste ambicioso proxecto.

 

Convocatoria da segunda edición do curso Climántica: Competencia Dixital

imagen noticia

O curso está deseñado para que poida servir de especialización ao profesorado na xestión académica de edublogs e eduforos que lle permita desenvolver a competencia dixital dos estudantes de Proxecto interdisciplinar na liña da proposta “Climaeucambio” co fío condutor do clima e do cambio climático. Os créditos presenciais adicaranse á formación para xestionar e dinamizar edublogs e eduforos e a obradoiros nos que se traballen actividades prácticas (de meteoroloxía, climatoloxía e cambio climático) que estimulen a argumentación dos estudantes dentro destas propostas TIC para o desenvolvemento da competencia dixital.

Este curso universitario de posgrao consta de 60 horas (6 créditos) das cales 18 son presenciais e as restantes compútanse pola investigación – acción derivada das tarefas necesarias para a incorporación de actividades nos blogues de aula relativas aos obradoiros desenvoltos nos módulos presenciais e da retroalimentación da argumentación dos estudantes. O curso estructúrase en 5 módulos presenciais que se desenvolverán na Facultade de Físicas no campus Sur da USC os mércores de novembro e primeiro mércores de decembro de 18 a 21 horas, e que foron reestructurados en base a avaliación da primeira edición. Estes 5 módulos son:

  1. Obradoiros de blogues I: primeiras accións para crear un blogue. Mércores 5 de novembro Poñentes: Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e profesores de ensino secundario, docentes do grupo TIC do equipo Climántica.
  2. Obradoiros de blogues II e ferramentas TIC I. Mércores 12 de novembro. Poñentes: Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e profesores de ensino secundario, docentes do grupo TIC do equipo Climántica.
  3. Ferramentas TIC II e moderación e xestión de blogues e foros. Mércores 19 de novembro. Poñentes: Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e profesores de ensino secundario do grupo TIC do equipo Climántica e José Fernández Maneiro, licenciado en Xeografía e Historia e profesor de ensino secundario do equipo Climántica.
  4. Obradoiros de meteoroloxía escolar. Mércores 26 de novembro. Poñentes: Ana Lage e Santiago Salson. Doutores en Físicas, enxeñeiros técnicos informáticos e técnicos de MeteoGalicia.
  5. Actividades prácticas sobre cambio climático. Mércores 3 de decembro. Poñentes: Mercedes Rodríguez Ruibal e Raquel Troitiño Barros. Licenciadas en Bioloxía e profesoras de ensino secundario do grupo ciencia - tecnoloxía do equipo Climántica.

No mes de marzo fixarase unha data para a posta en común das conclusións obtidas da investigación - acción asociada á aplicación da parte práctica na aula.

Pode verse o contido detallado dos módulos, os obxectivos, a xustificación do curso, e as liñas metodolóxicas básicas no tríptico.

Os interesados poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario que deberá enviarse ao enderezo climantica@climantica.org, indicando no asunto a cal dos tres criterios abaixo sinalados se acollen, de cara a facilitar o proceso de selección, de ser necesario. As prazas do curso cubriranse segundo a orde de inscrición e tendo en conta estes tres criterios:

  1. Que sexan docentes que impartan a materia Proxecto interdisciplinar (PI).
  2. Que sexan docentes de centros educativos que non imparten PI.
  3. Que sexan licenciados ou mestres que non exercen a docencia en centros educativos. Neste caso requírese que a solicitude se acompañe dunha proposta práctica para desenvolver a parte práctica no blogue temático que se lle asigne.

O curso é totalmente gratuíto, tanto na xestión como na docencia e nos materiais e recursos consumidos no seu desenvolvemento, pero a retirada do título, como ocorre con todo tipo de títulos das universidades, está supeditado ás taxas universitarias, que neste caso son do orde de 15€.