Formación dos contamintantes secundarios
Formación dos contaminantes secundarios.
O dióxido de xofre (SO2) disólvese na auga para dar ácido sulfúrico
(H2SO4), responsable da choiva ácida. Despois falaremos dela.
2SO2+ O2 = 2SO3
SO3+ 2 H2O = H2SO4
Se a temperatura de combustión é alta, o nitróxeno que vai no aire combínase con
osíxeno para formar gases Nox. Estes, mesturados con auga, forman ácido nítrico (HNO3), outro
responsable da choiva ácida.
N2+ O2 = 2NO2
3NO2+ H2O = 2HNO3+ NO
Pola acción da luz solar sobre os gases de combustión, pódese formar tamén óxido
nitroso (N2O) e ozono (O3), que son os principais compoñentes do smog fotoquímico.
(hv: enerxía fotoeléctrica)
NO2 + hv (menor 310 nm) > O + NO
O + O2 > O3
Outras transformacións:
Os compostos volátiles orgánicos (COV) son líquidos orgánicos non queimados, provenientes de
derivados do petróleo (gasolinas), do benceno e outros elementos químicos, que combinados con osíxeno e
nitróxeno forman peroxiacetilnitrato (PAN), outro dos compoñentes do smog.
O vapor presente nos combustibles absorbe a calor necesaria para converter
o líquido en vapor.
Calquera mineral xera cinza residual.
Contaminantes secundarios. Algúns contaminantes primarios, pola acción da auga, a temperatura ou a luz
solar, dan lugar aos contaminantes secundarios, coma o ácido sulfúrico (H2SO4) e o
ácido nítrico (HNO3), responsables da choiva ácida, ou óxido nitroso (N2O),
ozono (O3) ou peroxiacetilnitrato (PAN), compoñentes do smog fotoquímico.