Cuestións organizativas sobre o curso da Unidade 2 de Climántica

imagen noticia

Para dar cabida aos 418 inscritos, cámbiase a sala na que se desenvolverán as conferencias correspondentes ao curso sobre a unidade 2 de Climántica, quedando agora na sala Obradoiro do Palacio de Congresos de Galicia, onde se procederá a acreditar aos asistentes. Para que se poida certificar a asistencia dos inscritos a través de http://www.edu.xunta.es/fprof é imprescindible a acreditación e sinatura das sesións do venres e do sábado. A recepción e entrega de material adiántase ás 16:00 para que o feito de dar cabida a toda a inscrición non afecte ao inicio das actividades prevista para as 17:00.

Por esta razón a organización agradece ao profesorado con destino máis próximo a sede, que se achegue canto antes para conseguir o obxectivo de manter o horario das conferencias. Co fin de pechar un número aproximado de asistentes ao programa social proposto, as persoas que desexen asistir á cea social, ao catering de despedida e as que tendo dereito a aloxarse por distancia e lugar de traballo e residencia, queiran participar no sorteo das habitacións dobres reservadas, deberán cubrir a ficha e enviala ao enderezo electrónico ou número de fax que nela se indican.

 
0 comentarios nesta entrada.