Smog fotoquímico
A verba smoke é mestura de smoke e fog, fume e néboa. Emprégase para designar a contaminación
atmosférica que se produce nalgunhas cidades como combinación de determinadas circunstancias
climatolóxicas cos contaminantes. Polo xeral, o smog fórmase cando o fume de chemineas se mestura con
néboa.
O smog fotoquímico fórmase cando os fotóns da luz solar chocan con moléculas de diferentes
tipos de axentes contaminantes na atmosfera. Os fotóns fan que se produzan reaccións químicas. As
moléculas de contaminación convértense noutros produtos químicos nocivos, como xa vimos no
laboratorio.
Os químicos presentes no smog inclúen óxidos de nitróxeno, compoñentes orgánicos
volátiles (COV), ozono troposférico e nitrato peroxiacetílico, PAN.
O ozono troposférico é a substancia principal neste grupo, aínda que tamén outros destes
compostos actúan como oxidantes na atmosfera.
O ozono, O3, é unha molécula formada por átomos de osíxeno. O ozono é un gas
de color azulada que ten un forte olor moi característico que se adoita notar despois das descargas eléctricas
das tormentas.
O ozono troposférico, ozono que se atopa na troposfera, xunto á superficie da Terra, é un importante
contaminante secundario. O que se encontra na zona máis próxima á superficie fórmase por
reaccións inducidas pola luz solar nas que participan, principalmente, os óxidos de nitróxeno e os
hidrocarburos presentes no aire. É o compoñente máis daniño do smog fotoquímico e causa
danos importantes na saúde cando está en concentracións altas, ademais de frear o crecemento das plantas
e as árbores.
Na parte alta da troposfera adoita entrar ozono procedente da estratosfera, aínda que a súa cantidade e a
súa importancia son menores que o da parte media e baixa da troposfera.
En España, como en outros países mediterráneos, durante o verán danse condicións
meteorolóxicas favorables para a formación de ozono: altas temperaturas, ceos despexados, elevada
insolación e ventos baixos, especialmente na costa mediterránea e sur da península. En bastantes
ocasións ao longo do ano é normal superar, en numerosas estacións de control, os límites marcados
pola Directiva da Unión Europea de protección á saude e de protección á vexetación
entre outros.