Dispersión dos prodcutos
Como funciona realmente esta dispersión?
A estabilidade da atmosfera depende da temperatura. Unha condición atmosférica estable é aquela na
que os movementos verticais tenden a diminuír co tempo. E é inestable cando os movementos verticais se
amplifican co tempo.
Os movementos verticais poden ser producidos por efecto do vento e da densidade do aire (que depende da temperatura),
entre outros.
Isto fai que durante o día na capa superficial da atmosfera, dependendo do tipo de superficie e da cantidade de
enerxía solar, poidan experimentarse turbulencias.
Se a radiación do Sol que atravesa a atmosfera é absorbida pola superficie terrestre, a superficie quenta o
aire en contacto con ela, e se este quentamento é o suficientemente grande prodúcense as turbulencias.
Estes movementos que se producen na atmosfera fan que os gases e partículas existentes na atmosfera se dispersen.
Do mesmo xeito, fano os gases e partículas contaminantes emitidos polos diferentes focos.
Ademais destes gases, á atmosfera incorpórase vapor de auga mediante a evaporación desde a
superficie; este é removido mediante a condensación nas nubes e posterior precipitación de forma
líquida (choiva) ou sólida (neve ou sarabia).
O vapor de auga e o CO2 son os dous compoñentes máis importantes na xeración do efecto invernadoiro
na atmosfera terrestre.