O éxito do motor de combustión interna fronte ao de vapor

O motor de vapor e o de combustión competiron ao longo da segunda metade do século XIX, ata que Diesel logrou construír motores de explosión de aceite pesado que permitiron obter potencias de ata 15.000 cabalos. Motores deste tipo eran máis eficientes, polo que o peso destinado á mobilidade era o combustible mesmo (vector), en vez de levar, como a máquina de vapor, a carga adicional de auga.

Unidad2

Ademais con esta enerxía o movemento xa deixou de estar encadeado ás liñas de ferrocarril e, en consecuencia, un vehículo non só pode chegar a viaxar tan rápido como un tren, sendo unha unidade moito menor, debido á súa maior eficiencia, senón que pode ir por calquera sitio, sempre e cando teña estradas. As primeiras eran compartidas cos carros de cabalos. Despois de 1910 empezaron a pavimentarse con formigón. As primeiras estradas cortaban polo centro as cidades, a pesar da conxestión, da fricción e do ruído.

O automóbil entrou no mercado con un ritmo moi acelerado, impulsado polos homes de negocios e polos industriais. Esta expansión requería de transporte rápido e seguro. O coche esixía para o transporte de longa distancia unha estrada sen cidades, con estacións na entrada e na saídas, esixía tamén cidades sen estradas, na que ningunha comunidade se vira cortada por arterias principais. En definitiva un automóbil é tan ineficiente sen as obras axeitadas como o sería unha central eléctrica se os fíos condutores foran de ferro en vez de ser de cobre.

Os coches pasaron a ser baratos coa aparición da industria de Henry Ford que nos facilitou a súa produción en serie. Co paso do tempo este incremento levou a grandes perdas debidas a atascos, en especial nas grandes cidades, o que supuxo un incremento das emisións.

Unidad2

Estas emisións por transporte víronse favorecidas pola tendencia a vivir en zonas de altura, onde se pode producir economicamente a electricidade e onde non podería chegar o ferrocarril. Non obstante, a poboación non buscou eses novos espazos capaces de ser habitados aproveitando os vectores de século XX: electricidade e petróleo.