A aparición do motor de combustión interna
A importancia do descubrimento da electricidade, que acabaría incrementando de forma considerable as
emisións na segunda metade do século XX, permitiu a descentralización e mellora da eficiencia na
produción, e melloras considerables na máquina de vapor e no motor de combustión interna.
O petróleo, que era coñecido e utilizado polos antigos, e empregado polos menciñeiros das tribos
indias de América como medicina, foi extraído de pozos perforados por primeira vez en 1859. Isto posibilitou
que na segunda metade do século XIX se experimentase co motor a gas utilizando os produtos da destilación
máis lixeiros, ata que foi perfeccionado por Otto en 1876.
Co perfeccionamento do motor de combustión interna abriuse unha nova fonte de enerxía, que moi pronto
igualou en importancia ás antigas vetas carboníferas, aínda que, como se demostraría co paso do
tempo, estaba destinado a consumirse a un ritmo maior, debido a que estes derivados do petróleo son vectores
enerxéticos moi fáciles de transportar e moi eficaces para o transporte de vehículos. A gasolina era
máis transportable que o diesel. Ademais, o petróleo permitía o transporte a través de tubaxes
permanentes e deixaba un residuo mínimo na súa combustión fronte ao que ocorría co carbón,
sendo tamén moito máis doado de almacenar.