A situación actual da enerxía nuclear no mundo ea súa ralación co cambio climático
O 84% das reservas mineiras estan en 6 países do mundo. O 78 % do total das reservas de
uranio pertencen a 7 compañías.
Fai falla transportar o uranio desde as minas ata os poucos países con capacidade industrial para fabricar o
combustible: O 99 % dos concentrados fabrícanse en 12 países, e o 92 % do proceso de enriquecemento faise en 4
compañías.
O combustible hai que levalo ás 439 centrais nucleares repartidas por Europa, Asia, África,
América…
Recentemente realizouse o cálculo das emisións de gases efecto invernadoiro do ciclo de funcionamento
nuclear a partir da análise do caso concreto de Ascó 2 (Tarragona). Para este cálculo, fíxose a
análise das emisións de CO2 da central nun período de catro anos, o tempo que dura unha carga completa
do combustible nuclear. Calculouse a enerxía necesaria para fabricar 75 toneladas de combustible, os transportes
necesarios, o funcionamento da propia central e os traslados dos residuos de baixa e media actividade restantes ata o
almacén. Nesta análise non se contemplou o ciclo de vida dunha central nuclear (construción, mantemento,
desmantelamento…)
O resultado das emisións nese período foron unha media de 970 000 toneladas de CO2. Isto é entre 150
e 300 kg de CO2 por megawatt de enerxía nuclear.
As centrais nucleares non poden substituír o carbón, o petróleo nin o gas. Se substituísemos
só o 10 % da enerxía fósil por enerxía nuclear, no ano 2050 terían que construírse
máis de 1000 centrais nucleares novas (actualmente hai aproximadamente 440 centrais nucleares todo o mundo). A
construción destas centrais —se fose factible— tardaría varias décadas. As reservas de
uranio esgotaríanse rapidamente. Incluso a Organización Internacional da Enerxía Atómica, OIEA,
recoñece que a enerxía nuclear non se podería desenvolver coa suficiente rapidez como para frear o
cambio climático.
A solución é outra: os diversos escenarios da enerxía mundial indican que o problema
climatolóxico só se pode solucionar coa redución, sumada á utilización de enerxías
renovables e técnicas enerxéticas eficientes e económicas.