O debate
A enerxía nuclear só subministra un 5 % da enerxía mundial. O risco de accidentes nucleares, a
xeración de residuos altamente radioactivos e a proliferación de armamento nuclear son só unhas das
razóns polas cales é indispensable o abandono da enerxía nuclear.
En vista do papel limitado que a enerxía nuclear pode xogar na redución das emisións de CO2 en ciclos
pechados, tendo en conta a súa dependencia de recursos finitos e os seus problemas asociados, en especial os derivados
do almacenamento duns residuos con perigo potencial para moitas xeracións posteriores á de almacenamento,
debemos reflexionar antes de propoñer esta forma de enerxía para solucionar o cambio climático.
O debate nuclear ábrese polas alarmantes consecuencias do cambio climático, feito que está a ser
utilizado por sectores ligados aos intereses nucleares para retomar unha enerxía que xa fracasou hai décadas. O
actual debate sobre a enerxía nuclear xira, como noutro tempo, arredor dos riscos para os seres vivos e a
poboación, do impacto ambiental que as instalacións supoñen, da pouca rendibilidade económica e,
por suposto, da existencia de problemas irresolubles como os residuos radioactivos.
É incuestionable eticamente que non podemos hipotecar o futuro de todos os seres vivos durante milleiros de anos
polos residuos radioactivos.
Co obxectivo de frear o uso de combustibles fósiles, as previsións para o ano 2030 están entre 415 GW
e 833GW, un incremento entre o 13% e o 125% da potencia instalada actualmente. Isto supoñería a
construción de 178 centrais novas (co escenario baixo do aumento do 13%) debido a que a vida media das centrais
actuais é de 23 anos.En base a frear o uso de combustibles fósiles, as previsións para o ano 2030
están entre 415 GW e 833GW, un incremento entre o 13% e o 125% da potencia instalada actualmente. Isto suporía
a construción de 178 centrais novas (co escenario baixo do aumento do 13%) debido a que a vida media das centrais
actuais é de 23 anos.
Este incremento encóntrase con varios obstáculos; por unha banda, a forte oposición pública,
os elevados gastos de xestión de residuos e funcionamento que o fan pouco rendible economicamente e dependente de
subvencións, e así mesmo ter que facer fronte aos problemas de rápida perda de competencia na
construción e aos problemas de funcionamento e falta de infraestrutura de fabricación (cada vez é menos
doado atopar persoal cualificado para a construción e funcionamento das centrais nucleares, por non ser un sector da
industria eléctrica atractivo para a xuventude).
A enerxía nuclear só subministra un 5 % da enerxía mundial. O risco de accidentes nucleares, a
xeración de residuos altamente radioactivos e a proliferación de armamento nuclear son só unhas das
razóns polas cales é indispensable o abandono da enerxía nuclear.
En vista do papel limitado que a enerxía nuclear pode xogar na redución das emisións de
CO2 en ciclos pechados, tendo en conta a súa dependencia de recursos finitos e os seus problemas asociados,
en especial os derivados do almacenamento duns residuos con perigo potencial para moitas xeracións posteriores
á de almacenamento, debemos reflexionar antes de propoñer esta forma de enerxía para solucionar o cambio
climático.