Por que nos preocupan os residuos nucleares?
As consecuencias da exposición a unha radioactividade elevada son fatais para o ser humano. Está probado que
pode causar a morte, e en doses máis baixas provoca cancros, enfermidades e trastornos xenéticos que afectan
moi seriamente á descendencia do afectado.
Nos sesenta anos de existencia da enerxía nuclear, e a pesar dos enormes investimentos, ninguén conseguiu
dar cunha solución satisfactoria ao problema dos residuos radioactivos de alta actividade.
De todos os problemas asociados ao uso da enerxía nuclear, que aconsellan o seu inmediato abandono, este pode ser o
determinante. Se ademais estes residuos contribúen á proliferación de armamento nuclear, o problema
complícase.
Estes letais residuos están a acumularse nas centrais nucleares de todo o mundo. En España tamén.
A industria nuclear non sabe que facer con eles. Desesperada polo enorme volume dos residuos radioactivos e o elevado
custo da súa xestión, tratou e trata de resolver o seu problema de diversas formas, que son solucións
non satisfactorias.