O fogar tamén nos aproxima a situación de España en comparación coa UE

No período 1990-2006, o incremento de usos eléctricos foi do 54,3% e o dos usos térmicos do 22,8%, polo tanto, o incremento considerado no seu conxunto sitúase no 31,9%, cunha subida media anual próxima ao 2%. Se se considera o período 2000-2006, o crecemento é do 25% para os usos eléctricos e do 12,9% para os usos térmicos, polo que considerados no seu conxunto aumentan un 14,4%. O incremento medio anual do total é do 2,4% no que vai de século.

Segundo o IDAE, a distribución do consumo de enerxía nos fogares é o seguinte: calefacción (41,7%), electrodomésticos (12%), auga quente (26,2%), cociña (10,8%), iluminación (9%) e aire acondicionado (0,4%).

Unidad2

En comparación co consumo medio en Europa hai que destacar o menor consumo de calefacción nos fogares españois (un 26% con datos de 2003) e un maior consumo debido a electrodomésticos e iluminación (un 6,8 %), así como de auga quente (un 12,1%).

Este consumo enerxético é o responsable de que en cifras absolutas o sector residencial emitise 18 110 quilotoneladas, o que supón unha responsabilidade do 5% da totalidade de CO2 emitido á atmosfera. No 2006 acusouse un importante descenso nas emisións de CO2 atribuídas ao sector residencial, estimadas nun 8% en relación co ano anterior, sendo o maior descenso desde 1990.

Unidad2

No período 1990-2006, o incremento destas emisións foi aproximadamente do 40%, mentres que no período 2000-2007 o incremento foi do 9,2%. No ano 2006, no que se rexistro o maior descenso desde 1990, cada fogar emitiu 1,16 toneladas de CO2, cifra inferior á media europea.

Unidad2