Camiño do peche dos ciclos do petróleo e do gas natural

A dependencia que temos do petróleo para facer fronte ao nosos hábitos de consumo enerxético, xunto co aumento da poboación, fan prever un esgotamento do petróleo e do gas natural ao longo deste século. Calcúlase que cara ao ano 2025 estarán consumidas case o 88% das reservas orixinais de petróleo e cara ao 2050 estarán esgotados o petróleo e o gas natural.

Unidad2

É moi difícil calcular as reservas exactas de petróleo, pero aínda así resulta bastante seguro para os xeólogos prever que no prazo de dúas xeracións o petróleo estará chegando á súa fin e que, polo tanto, non chegará a finais do século XXI como fonte enerxética importante. As estimacións que se fan varían entre 150 000 millóns de tep (toneladas equivalentes de petróleo) cunha probabilidade de 0,9 e 350 millóns de tep, cunha probabilidade de 0,05, que representan entre 45 e 100 anos ao ritmo de extracción de finais dos 90. Por iso, a OCDE fai unhas estimacións das reservas de petróleo para os próximos 75-100 anos, considerando que o consumo anual aumentará como o está a facer agora durante os próximos vinte anos. Os cálculos están feitos baseándose na reserva probada, que é a cantidade de petróleo que foi descuberta e que pode ser extraída a custos razoables. Polo tanto, queda unha marxe para a especulación coa cantidade de petróleo que aínda non foi descuberta.

As estimacións para o total mundial de reservas recuperables de carbón son dunhas 700 Gt, que equivalen a 490 000 millóns de tep, que equivalen a case 250 anos ao ritmo de extracción de finais do século pasado (3 Gt/ano). Polo tanto, o ciclo do petróleo será máis curto que o do carbón e, pola súa banda, o ciclo do gas será máis curto que o do petróleo.

A medida que nos vaiamos achegando ao esgotamento do petróleo e do gas natural, se non buscamos antes outras opcións enerxéticas, o máis probable será que a industria se vaia baseando máis no carbón, onde se cre que temos reservas centenarias. Esta dependencia do carbón incrementaría de forma considerable a cantidade de CO2 na atmosfera, o que aumentaría de forma moi preocupante os efectos do cambio climático.

Unidad2