Un 25% da poboación mundial consumimos un 75% de enerxía
A máxima expresión da habituación no consumo enerxético atopámolo en EE UU, onde con
só o 6% da poboación mundial, consomen máis da terceira parte da enerxía de todo o mundo. Entre
EE UU, Canadá, Europa e Xapón non superamos o 25% da poboación mundial, pero consumimos o 75% dos
recursos enerxéticos. Así e todo, en países europeos de nivel de vida semellante a EE UU, como Suecia e
Alemaña, o consumo de enerxía per cápita é apenas a metade de EE UU, que queda claramente
destacado, pois consome máis enerxía por ano que todos os países de Europa occidental no seu conxunto,
aínda que a poboación desta sexa un 75% superior.
Cando se compara o consumo de enerxía de EEUU coa das nacións do Terceiro Mundo, as cifras vóltanse
tan grandes que perden todo o seu sentido.