A crise enerxética e o cambio climático conectanos de novo ao Sol
Este fluxo enerxético enorme (1,5.10 billóns TWh anuais) foi subestimado durante moito tempo, ata que nos
anos 70, coa primeira grave crise petrolífera, saltaron os sinais de alarma e comezouse a pensar seriamente nas
posibles fontes enerxéticas alternativas aos perecedoiros combustibles fósiles:
- ENERXÍA HIDRÁULICA
- ENERXÍA EÓLICA
- ENERXÍA SOLAR
- ENERXÍA DA BIOMASA
- ENERXÍA XEOTÉRMICA, MAREOMOTRIZ…
Ademais, a ese previsible esgotamento das fontes convencionais, haille que sumar o problema da dependencia
enerxética, que en Europa chegará ao 70% nos próximos 20 anos. Isto está levando aos
países da Unión Europea a pensar nun “Tratado Europeo das Enerxías Renovables”.
O Libro Branco das Enerxías Renovables é un documento elaborado pola Comisión Europea que traza unha
estratexia e un plan de acción para que os estados membros fomenten o uso das fontes de enerxía renovables.
Pretende que o consumo de enerxías renovables na UE acade no 2010 o 12% do total fronte ao 6% actual. Este documento
centra as súas prioridades en conseguir unha maior explotación do potencial dispoñible, unha mellor
contribución á redución do CO2, unha redución da dependencia enerxética e o
desenvolvemento das industrias nacionais para crear emprego.