Climántica na Semana da Ciencia

A relación entre O Proxecto Climántica e o IES nº1 de Ribeira vai máis aló da participación deste Instituto como Centro Piloto para levar a cabo este Proxecto de grande calado educativo, social e ambiental, e vai máis aló porque o IES nº1 de Ribeira pretende desenvolver durante éste e o próximo curso escolar, unha serie de actividades íntimamente relacionadas co núcleo central do Proxecto Climántica, concretamente falamos de concienciar á sociedade do máis importante reto ambiental que estamos a vivir no século XXI: O Cambio Climático. E dentre todas estas actividades destacamos pola súa relevancia e repercusións A SEMANA DA CIENCIA, que pasamos a comentar.

alumnos