Obxectivos da VI Semana

Obxectivos pretendidos
  • * Conquerir unha formación científica básica para tódolos cidadáns que os capacite para interpretar a complexa realidade, cada día máis vencellada á ciencia.
  • * Facer do alumnado o máximo protagonista do seu proceso de ensinanza e aprendizaxe, participando activamente en diferentes actividades, deseñadas de xeito que sexan asequibles e cercanas á vez que rigorosas e formativas.
  • * Desmitificar o mundo da ciencia como algo especialmente complexo e alonxado só ó alcance de especialistas.
  • * Percibir a ciencia como útil, divertida e cercana, a partir da conexión directa coa realidade, a vida cotiá e o propio entorno.
  • * Potenciar a aprendizaxe significativa de contidos desenvolvidos no ensino formal.
  • * Adquirir e perfeccionar procedementos e destrezas propias da ciencia, incluidas as novas tecnoloxías, a base de participar activamente no deseño, realización e transmisión das diferentes experiencias.
  • * Aprender a transmitir a outros mensaxes, coñecementos e destrezas, con propiedade e autonomía, utilizando diversos medios e sistemas de representación, mellorando notablemente a capacidade de comunicación e autoestima.
  • * Potenciar a adquisición de valores propios do mundo da ciencia como traballo en equipo, pulcritude, rigor, curiosidade, contraste de opinións, creatividade, espíritu de colaboración, sentido crítico, resolución de problemas, vocación de servicio á sociedade e responsabilidade, o cal incide na mellora da formación integral.
  • * Adaptar o proceso de ensinanza e aprendizaxe a todos os partícipes do mesmo, incidindo na atención á diversidade e na formación do alumnado con necesidades especiais.
  • * Contribuir á aprendizaxe do método científico como proceso universal utilizado para a construcción do coñecemento e aprender a aplicalo a situacións e problemas concretos.
  • * Valorar a necesidade da ciencia para comprender o funcionamento do mundo natural, o coñecemento de nós mesmos e da nosa problemática.
  • * Adquirir unha visión integral de diferentes materias que conforman a área científica como Bioloxía, Xeoloxía, Medio Ambiente, Física, Química, Tecnoloxía, Matemáticas, Astronomía, Xeografía e Técnicas da Información.
  • * Comprender e valorar as complexas interrelacións entre ciencia, técnica e sociedade, achegándose a unha visión sistémica da realidade.
  • * Contribuir a desenvolver unha actitude crítica ante os avances científicos e o compromiso da ciencia coa sociedade.
  • * Potenciar a adquisición de actitudes de respeto cara o mundo natural e social, valorando a importancia de participar en actividades encamiñanadas a súa defensa e conservación.
  • * Enriquecer, en suma, a formación do alumnado como persoas inmersas na sociedade.