A preocupación das presións de futuro
A lista de accidentes en depósitos de residuos radioactivos increméntase perigosamente. As
estimacións das súas consecuencias son sobrecolledoras: 450 000 persoas contaminadas, das cales máis de
50 000 recibirían doses considerables...
Contémplanse outras posibilidades á parte do almacenamento como: enterro no leito mariño ou en xeos
antárticos, envío ao espazo, transmutación, reprocesamento, almacenamento en superficie ou en
profundidade.
Se os transportes de materiais radioactivos, combustible e residuos das centrais nucleares son inseguros, as longas
distancias que deben cubrir multiplican o risco.
Nin tan sequera os colectores e bidóns de material radioactivo poden soportar un accidente no transporte. As probas
a que son sometidos resultan claramente insuficientes. É inevitable que as estradas que leven ao cemiterio nuclear se
convertan en lugares de alto risco.
O lóxico é que uns transportes tan perigosos non se realicen e que os residuos queden onde están. Son
tamén moitos os accidentes debidos ao transporte en avións, navíos e submarinos ou por estrada.
A lista é interminable. En definitiva, o transporte de material radioactivo multiplica o risco ao que xa estamos
sometidos pola actividade das centrais atómicas.
Os residuos nucleares xa existentes son un grave problema ao que hai que buscar solución. Con todo, o problema
é dobre, porque ningunha das solucións propostas parece satisfactoria excepto deixar de producilos.