Ordenando a vida e desordenando o Universo
Os seres vivos somos capaces de ir contra a tendencia á desorde e perda de enerxía do Universo, dado que no
proceso de crecemento almacenamos enerxía e alcanzamos unha organización complexa. Pero o pequeno aumento da
orde e da enerxía nos seres vivos vai asociada a un aumento maior na desorde do Universo, porque aqueles absorben
enerxía do medio, que, en última instancia, procede do Sol. Así, os seres humanos estamos disipando
enerxía constantemente. Se o fluxo de materia e enerxía entre o organismo e o ambiente se interrompe,
prodúcese a morte.