A máis nivel trófico menos productividade
O incremento de biomasa obtido polos vexetais e que, polo tanto, poden inxerir os herbívoros denomínase
Produtividade Primaria Neta (PPN), que é inferior á enerxía interna de moléculas orgánicas
que se obtén da fotosíntese, xa que parte desa enerxía non é destinada a formar cadeas de carbono
que quedan almacenadas como aumento de biomasa vexetal, senón que se utiliza para dotar os vexetais da enerxía
que precisan para a vida mediante os procesos de respiración celular (R), no que as cadeas de C se oxidan liberando
CO2 e enerxía. A enerxía química conseguida mediante a fotosíntese
coñécese como Produtividade Primaria Bruta (PPB). Xa que logo, nun ecosistema, o incremento de biomasa vexetal
(PPN) é igual á enerxía química obtida no proceso da fotosíntese (PPB) menos a
enerxía disipada nos procesos de respiración celular do conxunto das células vexetais do ecosistema
(R):
Desta Produtividade Primaria Neta, unha gran parte da biomasa vexetal non é inxerida polos herbívoros e
morre sen ser devorada, sostendo á comunidade de descompoñedores (bacterias, fungos e animais
detritívoros). En segundo lugar, non toda a biomasa vexetal inxerida polos herbívoros é asimilada, ou o
que é mesmo, incorporada ás células vexetais dos herbívoros. A non asimilada pasa polas feces
á comunidade de descompoñedores. En terceiro lugar, non toda a enerxía que foi asimilada polas
células dos herbívoros é convertida en aumento de biomasa, susceptible de ser inxerida polos
carnívoros, porque unha parte dela se perde en forma de calor debido á respiración celular, segundo o
representado na parte dereita da imaxe. A enerxía que queda almacenada no aumento da biomasa dos herbívoros e
que, en consecuencia, é susceptible de incorporarse aos carnívoros é a enerxía da
biosíntese representada na parte dereita da imaxe. Esta enerxía contida na biomasa dos herbívoros dun
ecosistema denomínase en ecoloxía Produtividade Secundaria (PS). O dito aquí para os herbívoros
desde a Produtividade primaria neta (PPN) é válido para os carnívoros desde a Produtividade Secundaria
(PS).