Estudo para superar a crise enerxética e o cambio climático

A preocupación polas consecuencias desta crise enerxética, que leva asociada un cambio climático, fai que aparezan estudos para garantir a sustentabilidade máis alá do ano 2050, cando se prevé que a poboación da Terra se achegue aos 10 millóns de habitantes. Un dos estudos máis coñecidos é o Plan do Consello de Defensa dos Recursos Naturais, dirixido polo científico Socolow, que propón un mellor aproveitamento das enerxías, das eficiencias e do carbón limpo. Este estudo mantén que se pode saír da actual crise sen máis que propoñer diversas cuñas de diminución de emisións, cada unha das cales se apoia nunha tecnoloxía ou medida de xestión enerxética coñecida e aplicada na actualidade. Os científicos que elaboraron este Plan concluíron que: “A humanidade xa posúe o coñecemento científico, técnico e industrial básico para resolver os problemas do CO2 e do clima para os vindeiros 50 anos”.

Unidad2

Segundo estes científicos, o conxunto destas cuñas poden chegar a facer descender as emisións a un punto inferior aos niveis da década dos setenta do século pasado.

Moitos países xa se decidiron a actuar mediante a aplicación do Protocolo de Kioto, que foi ratificado por cento trinta e dous países do mundo desenvolvido. Só houbo dúas excepcións, que foron as de EE UU e Australia.

Estes cálculos fixéronse tendo en conta a situación actual na que non paramos de bombear CO2 a atmosfera. Neste momento, un coche pode ter un consumo de 5 litros por cada 30 km. Polo tanto, se se percorren 150 000 km, producirá máis de 8 toneladas métricas de carbono. Unha central eléctrica de carbón de mil megawatts construída na actualidade pode durar 50 anos e emitir ao redor de 100 millóns de toneladas de carbono durante a súa vida útil. Independentemente da capacidade das cuñas para seren un mecanismo eficaz para solucionar os problemas ambientais, si é certo que poñen de manifesto que canto máis esperemos e cantas máis infraestruturas fagamos sen ter en conta o impacto en canto a emisións, máis difícil será manter os niveis de CO2 por debaixo de 500 partes por millón.

Todos os cálculos de Socolow se basean no suposto, evidentemente hipotético, de que os pasos de estabilización se dean de inmediato, o que significa que todos os países consigamos obxectivos de redución moito máis ambiciosos que os de Kioto, tendo en conta que moitos estamos lonxe dos compromisos de aumento de emisións máximas que asinamos, e outros, como EE UU, primeiro emisor mundial, nin sequera asinaron. O crecemento das emisións puido ser maior se non se chega a apostar pola “descarbonización”, que supuxo que nas últimas décadas se utilizase máis petróleo, gas natural e enerxía nuclear que carbón.

Na adaptación ao cambio climático a ciencia fronteira da Bioloxía molecular e da xenómica estannos a dar moitas pistas para adoptar estratexias de mitigación, ao pór á nosa disposición cada vez máis información de como nos adaptamos aos cambios de clima ao longo da nosa evolución. Neste proceso de adaptación todo parece indicar que a ciencia fronteira vinculada á nanotecnoloxía vainos a ofrecer moitos recursos materiais e solucións enerxéticos para a adaptación e a mitigación ao cambio climático. Ante escenarios catastrofistas, a ciencia fronteira da Astrofísica non pode deixar de mirar ao espazo en busca de solucións para a especie humana.