Carbón, petróleo e gas natural os recursos enerxéticos limitantes e do cambio climático

Esta base enerxética centrada no uso de combustibles fósiles supón un incremento de CO2 na atmosfera de orixe antropoxénica. A saída de carbono por esta vía que abrimos supera con creces a vía de incorporación por enterramento e posterior fosilización de restos de seres vivos.

Debido á esta dependencia do carbono fósil para obter enerxía levamos dous séculos enviando á atmosfera, con celeridade crecente, carbono que estaba baixo a superficie terrestre. As industrias do carbón, o petróleo e o gas natural extraen en todo o mundo ao redor de sete mil millóns de toneladas de carbono ao ano, que se queima para obter enerxía e se envía á atmosfera en forma de CO2. Isto provocou que na atmosfera actual exista unha concentración deste gas de practicamente o dobre da que existía no século XVIII, antes de iniciarse a revolución industrial. As predicións a 50 anos vista, senón se producen cambios no ritmo de crecemento enerxético a custa dos combustibles fósiles, son de que se triplicarían as concentracións de CO2 da era preindustrial, o que moi probablemente provocaría cambios drásticos, radicais e irreversibles, como a desaparición dos casquetes polares.

Unidad2

No 2002, o 43% das emisións globais de CO2 procedía do petróleo, o 37% do carbón e o resto do gas natural. O Protocolo de Kioto incide nas emisións industriais pero non ten control sobre estas emisións difusas. Se o ciclo do petróleo se pecha e se recorre ao carbón para conseguir combustible para os desprazamentos, hanse duplicar as emisións por quilómetro percorrido.

Unidad2