Boas prácticas na casa para reducir a pegada
|
Arranxar as fugas
Unha cisterna con fuga pode gastar 200.000 l de auga ao ano!
Unha billa que pinga malgasta 30 l de auga ao día, isto é, 10.000 l ao ano!
|
|
Billas:
Conduta: Pechalas mentres te enxaboas, afeitas, cepillas os dentes,...
Instalación: Empregar billas monomando con redutores de caudal ou aireadores.
|
|
Ducha
Conduta: Ducharse (entre 50 e 100 l) en lugar de bañarse (aprox. 250 l).
Regular o quentador a 40ºC para evitar quecer auga e despois arrefriala con auga fría.
Instalación: Redutor de caudal na ducha pasa de gastar 20 l/min a gastar 10 l/min, é
dicir, a metade!. Aforrando auga quente, ademais de non malgastar ese recurso tan
valioso, aforramos enerxía!!
|
Conxelador e neveira
- Conduta: Agardar a que o alimento estea totalmente frío para metelo na neveira ou conxelador.
- Non desconxelar os alimentos baixo o chorro de auga, senón metelos na neveira a noite anterior (así aprovéitase a enerxía empregada en conxelalo).
- Instalación: Poñer a neveira/conxelador lonxe de fontes de calor e cunha distancia mínima da parede.
- Desconxelar unha vez que a capa de xeo supera os 5 mm.
- Abrindo a porta da neveira o mínimo tempo posible pódese aforrar até un 5% de enerxía.
Electrodomésticos (lavalouza, lavadora, etc.)
- Conduta: Enchelo ben e empregar programas curtos.
- Empregar a mínima cantidade de deterxente e que sexa ecolóxico.
- Instalación: Etiquetado de eficiencia enerxética.
- Ao poñer unha lavadora o 90% da enerxía consumida emprégase para quecer a auga.
- Se evitas os programas de 90ºC e lavas a 30 ou 40ºC aforraras moita enerxía! Si a roupa non está moi sucia, podes lavala en auga fría.
O etiquetado de eficiencia enerxética indica o nivel de consumo de enerxía, así como o nivel de
ruído, eficacia de lavado e secado, ciclo de vida etc.
Aparece en aparellos como neveiras, conxeladores, lavadoras, lavalouza, e tamén en lámpadas. Ten unha
clasificación do A (o menor consumo de enerxía e a máxima eficiencia) ao G (máximo consumo de
enerxía e menor eficiencia enerxética). Fíxate nas etiquetas!!
Cociña e forno
- Conduta: Tapando as potas afórrase o 50% da enerxía.
- Emprega a calor residual da cociña.
- Non abrir a porta do forno se non é imprescindible, e non empregalo para quentar pequenas cantidades de alimentos nin para requentar nin para desconxelar.
- As potas a presión son as que menos enerxía precisan e as que máis propiedades dos alimentos manteñen.
- Instalación: Cociñas a gas natural ou butano.
Iluminación
- Conduta: Aproveitar a luz natural (é a máis indicada para os nosos ollos).
- Apagar as luces ao saír do cuarto.
- Manter limpas as lámpadas.
- Instalación: Lámpadas de baixo consumo (son máis caras, pero consomen un 80% menos e duran 8 veces máis).
- Os tubos fluorescentes tamén gastan menos que as lámpadas tradicionais, aínda que non son tan recomendados.
Aparellos de ofimática /electrodomésticos (computadores, radios, vídeos, etc.)
- Conduta: Apagalos sempre que non se estean a utilizar.
- Non deixalos en repouso (stand by).
- Instalación: Compra aparellos coa maior eficiencia enerxética, pero pensa antes de mercalos se realmente os necesitas.
- Nos nosos fogares empregamos numerosos electrodomésticos que seguen a consumir enerxía mentres están apagados; dise que están en repouso ou stand by e identifícanse porque manteñen unha pequena luz acesa. É o caso dos vídeos, televisores, aparellos de música, etc. Para apagalos, non basta con empregar o mando a distancia; hai que premer un botón ou desenchufalos. De non facelo, estes aparellos permanecen conectados á rede, consumindo enerxía en pequenas cantidades de forma continuada, facendo que en ocasións o consumo sexa maior durante o tempo en espera que en uso.
- Así que lémbrate de apagalos!
- Compra ordenadores dotados de sistemas de aforro de enerxía. Un dos logotipos máis estendidos é o Energy Star, da Axencia de Protección Ambiental dos EE UU, que garante que cada compoñente ten un consumo inferior a 30 W. Outros logotipos son os das marcas suecas Nutek e TCO.
http://www.consumoresponsable.org/actua/energia/energiasahorrarencasa.asp