A pegada ecolóxica
Continuamente oímos falar da existencia da degradación dos ecosistemas e da destrución da
biodiversidade, o esgotamento dos recursos e a contaminación ambiental, ou o proceso crecente da urbanización e
a perda da diversidade cultural, e todo isto nos leva a falar dunha crise planetaria. As principais causas son o hiperconsumo
das sociedades desenvolvidas, un crecemento económico insustentable e a explosión demográfica.
É posible coñecer como as nosas actividades afectan á degradación do ambiente? Para que isto
sexa medido dispoñemos do termo PEGADA ECOLÓXICA.
Como se define a pegada ecolóxica? É a área de terreo bioloxicamente produtivo necesaria para
producir os recursos utilizados nas nosas actividades diarias e para asimilar o lixo xerado polas mesmas.
A pegada ecolóxica mide cantos recursos naturais (terreo construído, cultivos, mar
produtivo, pastos e enerxía) utiliza a xente para manter o seu estilo de vida (vivenda e servizos, transporte,
alimentación, bens de consumo).
Podemos medir cal é a superficie dispoñible que nos corresponde a cada persoa? Isto
calcúlase restándolle ao cuarto da superficie da Terra que é produtiva (12 600 millóns de
hectáreas) o 10% que lles correspondería aos outros seres vivos. Quedan 11 340 millóns de ha
dispoñibles para o ser humano. Se o dividimos polo número de habitantes que hai no planeta,
corresponderíanos a cada persoa 1’75 ha.
A pegada ecolóxica mundial está en 2’2 ha/hab./ano. Isto significa que consumimos un 20% máis
do que a Terra pode producir e soportar.
1. Entrar na páxina: http://www.earthday.net/footprint/index.asp
2. Escoller o teu
país e a lingua na cal queres que apareza o cuestionario.
3. Responder as preguntas que se che van facendo.
Así obterás como resultado a túa pegada ecolóxica para distintas categorías e a
túa pegada ecolóxica total. E aquí comeza o máis interesante! O propio programa fará unha
comparación do teu resultado coa pegada media do teu país e de cantos planetas se precisarían se todo o
mundo actuase coma ti! Ademais poderás entrar nunha sección chamada “Tome acción”, onde se
darán pistas sobre como reducir a pegada ecolóxica.
Hai outro termo irmán do anterior pero que se aplica aos produtos; este termo é a “mochila
ecolóxica”. Defínese como:
Defínese como: a suma de materiais mobilizados e transformados durante todo o ciclo de
vida de un ben de consumo, dende a súa creación ate o seu papel como residuo. “Dende o
berce á tumba”
As figuras refirense á pegada ecolóxica dun producto, ¿Cal será?