O custo ambiental da siderurxía do carbón

A siderurxia foi motor de dous ciclos enerxéticos; o primeiro baseado na tecnoloxía da roda hidráulica e o segundo na máquina de vapor, que se foi perfeccionando ata facer posibles as obras titánicas da última metade do século XIX. Pero o custo ambiental foi moi elevado, aínda que nesta etapa de obras titánicas se percibía como símbolo de prosperidade ter siderurxias fumegando de tal xeito que chegaban a impedir o paso da luz do sol, sobre todo nos lugares onde se concentraban máis de 20 fábricas de ferro. Esta situación potenciou o smog urbano, efectos nocivos sobre a saúde, choiva ácida e emisións de gases invernadoiro, iniciándose así o problema actual do cambio climático. Esta idea da prosperidade redundou en que non se levasen as fábricas para fóra das cidades, de tal maneira que cidades como Londres ou Chicago chegaron a converter os seus ríos en cloacas abertas ao aire.

unidad2