O custo ambiental da siderurxía do carbón
A siderurxia foi motor de dous ciclos enerxéticos; o primeiro baseado na tecnoloxía da roda
hidráulica e o segundo na máquina de vapor, que se foi perfeccionando ata facer posibles as obras
titánicas da última metade do século XIX. Pero o custo ambiental foi moi elevado, aínda que nesta
etapa de obras titánicas se percibía como símbolo de prosperidade ter siderurxias fumegando de tal xeito
que chegaban a impedir o paso da luz do sol, sobre todo nos lugares onde se concentraban máis de 20 fábricas de
ferro. Esta situación potenciou o smog urbano, efectos nocivos sobre a saúde, choiva ácida e
emisións de gases invernadoiro, iniciándose así o problema actual do cambio climático. Esta idea
da prosperidade redundou en que non se levasen as fábricas para fóra das cidades, de tal maneira que cidades
como Londres ou Chicago chegaron a converter os seus ríos en cloacas abertas ao aire.