Da superpoboación e sobrecounsumo á crise enexética

As estatísticas sobre a poboación son xa categóricas. Cada día, en 24 horas, a poboación mundial aumenta nunhas 200 000 persoas, o que nos está levando á superpoboación. Esta non se pode valorar debidamente en toda a súa magnitude se non se sitúa nunha perspectiva histórica. Fixeron falta 2 millóns de anos para alcanzar os 1000 millóns de habitantes no planeta. Para chegar a uns 2000 millóns de habitantes fixeron falta cen anos. Para chegar aos 3000 millóns, fixeron falta 30 anos, os comprendidos entre 1930 e 1960. Para chegar aos 4000 millóns fixeron falta a metade, 15 anos, entre 1960 e 1975, intervalo de tempo no que a poboación humana aumentou ao ritmo dun 2% anual, que lle permitiu pasar dos 2500 aos 4000 millóns de habitantes na Terra.

Unidad2

En ecoloxía, cando unha poboación medra deste xeito é porque atopou un nicho ecolóxico sen explotar. Isto é o ocorre coas pragas. Pero ningunha poboación pode medrar así ilimitadamente, porque os recursos que precisa só son abondos para manter un número máximo de individuos desa poboación (capacidade de carga). Unha vez alcanzada esta, a poboación xa non pode medrar máis e quédanlle dúas opcións: conseguir un equilibrio que permita a renovación de recursos para manter a capacidade de carga ou desaparecer, porque a súa voracidade sobre os recursos fan inviable a súa renovación.

Nos aproximadamente 150 anos que pasaron desde a revolución industrial, a poboación dobrouse catro veces. Considérase que este crecemento levou a que se alcanzase a capacidade de carga coa poboación de 1978, o quere dicir que a poboación desa época consumía o 100% dos recursos que renovaba. Na actualidade, a humanidade toma un 20% máis do que a Terra produce, esgotando deste modo as reservas.

Unidad2