Do nómade ao tecnolóxico, entre crises enerxéticas
Dun xeito moi intuitivo, e desde que apareceu na Terra como especie nómade, o ser humano deuse de conta de que debía conseguir a enerxía que necesitaba para vivir do medio. A medida que foi dispoñendo de recursos enerxéticos, tamén foi aumentando o número de individuos da especie, o que fixo diminuír as fontes das que obtiña os recursos.
A estas crises enerxéticas deulles solucións tecnolóxicas cada vez máis complexas, que supuxeron sempre o incremento da explotación dos recursos; en consecuencia, aumentaron a densidade enerxética e a poboación, diminuíndo a eficiencia e aumentando, polo tanto, a complexidade social e a deterioración ambiental, ata que se chegou ás complexas tecnoloxías que nos permiten obter as enormes cantidades de enerxía que demandamos nas sociedades modernas, industriais e tecnolóxicas a partir dos combustibles fósiles; todo isto é o que nos están levando ao cambio climático.