O arado de ferro: entre a revolución e a crise agrícola

Entre os séculos XIV e XVI a madeira, que era a base enerxética de Europa, empezou a escasear como resultado do que se pode entender como a primeira gran crise da Humanidade: a crise que pechou a revolución agrícola que se iniciou co arado de ferro arredor do século X.

unidad2

Aínda que pareza paradoxal, como ocorre cos ciclos enerxéticos, a técnica que desencadea a revolución, neste caso o arado de ferro, vai contribuír á crise posterior que pecha o ciclo. A aparición do arado transversal na Europa occidental ten que ver coa obtención de aceiros máis resistentes, lixeiros e eficaces coa forxa hidráulica, que é a tecnoloxía na que se basea o actual arado de ferro, moito máis eficaz para labrar as terras húmidas e pesadas desta zona occidental de Europa que o arado romano. Esta innovación veu acompañada da incorporación de ferraduras para os cabalos, o que tamén foi posible coa mellora dos aceiros.

unidad2

O éxito deste novo aparello foi tal que xa no século X estaba estendido por todo o continente. A súa eficacia posibilitou un importante aumento das colleitas, que actuaron de motor para o crecemento da poboación. A medida que a poboación ía aumentando, conseguíase máis terra para esta labranza eficaz mediante a deforestación.

A tendencia a deforestar para cultivar provocou que a mediados do século XIV a poboación humana tivese xa consumida a súa base enerxética. O esgotamento do solo e a crecente diminución dos bosques ameazaban xa aos habitantes da Europa occidental e setentrional.