A aparición da dínamo hidráulica

Na primeira metade do século XIX déronse dous avances científico-técnicos que posibilitaron a aparición da dínamo hidráulica. O primeiro avance que a fixo posible foi o traballo sobre correntes electromagnéticas realizado por Faraday en 1831. Este traballo levouno a descubrir que un condutor que corta as liñas de forza dun imán crea unha diferenza de potencial. Pouco despois recibiu unha carta anónima suxeríndolle que o seu descubrimento podería ser aplicado para construír grandes máquinas. O paso cara á dínamo hidráulica conseguiuse sumando esta descuberta ao perfeccionamento da turbina de auga feita por Fourneyron en 1832, quen construíu unha turbina de 50 CV.

Unidad2