Diferentes alternativas do países diante da mobilidade
A vista dos datos de aforro de enerxía que se mostran na gráfica, resulta paradoxal que EEUU, tan preocupado
polo aumento de emisións de China, teña unha normativa moito menos esixente neste tema. De feito, os chinos
elevaron os seus estándares de control ambiental ata o punto de que os coches americanos non se poden vender no seu
mercado por non cumpriren coa súa normativa ambiental.
As grandes cidades do centro e norte de Europa teñen hábitos de mobilidade máis acordes co cambio
climático. En Amsterdam son moi populares os aparcadoiros de bicicletas de tamaño equivalente aos dos coches de
aquí. Estes cidadáns desprázanse a pé normalmente e, se as distancias son longas, usan a
bicicleta e os tranvías.