Efectos do cambio climático sobre os ecosistemas mariños de Galicia
En relación aos ecosistemas mariños, a temperatura media anual da auga superficial oceánica fronte
ás costas de Galicia ten aumentado de xeito significativo nos últimos 45 anos, e especialmente dende hai 30
anos, a unha taxa media de 0,27 ºC/década. Esta é a causa de que a Ría de Vigo se elevase 16 cm nos
últimos 60 anos.
O fenómeno do afloramento costeiro, ligado á frecuencia e intensidade dos ventos do nordés, é
o principal responsable da fertilidade das costas galegas, e de que cando nos bañamos no verán nas rías
a auga estea fría, porque esa compoñente retira a auga da superficie superior, máis quente, e facilita o
afloramento da máis fría. Nos últimos 40 anos, o período do ano en que os ventos son favorables
ao afloramento reduciuse en 75 días (un 30%) e a intensidade media de afloramento nun 45%.
Como consecuencia da redución do afloramento, o tempo de renovación das Rías Baixas duplicouse nos
últimos 40 anos, o que supuxo unha diminución da súa fertilidade.