Efectos do cambio climático sobre os ecosistemas mariños de Galicia

En relación aos ecosistemas mariños, a temperatura media anual da auga superficial oceánica fronte ás costas de Galicia ten aumentado de xeito significativo nos últimos 45 anos, e especialmente dende hai 30 anos, a unha taxa media de 0,27 ºC/década. Esta é a causa de que a Ría de Vigo se elevase 16 cm nos últimos 60 anos.

Unidad2

Unidad2

O fenómeno do afloramento costeiro, ligado á frecuencia e intensidade dos ventos do nordés, é o principal responsable da fertilidade das costas galegas, e de que cando nos bañamos no verán nas rías a auga estea fría, porque esa compoñente retira a auga da superficie superior, máis quente, e facilita o afloramento da máis fría. Nos últimos 40 anos, o período do ano en que os ventos son favorables ao afloramento reduciuse en 75 días (un 30%) e a intensidade media de afloramento nun 45%.

Como consecuencia da redución do afloramento, o tempo de renovación das Rías Baixas duplicouse nos últimos 40 anos, o que supuxo unha diminución da súa fertilidade.

Unidad2