Os datos de temperatura e precipitación que preocupan sobre o cambio climático en Galicia
As previsións emitidas para Galicia prognostican un incremento de temperatura media atmosférica de 0,5
ºC por década, o cal resulta en incrementos medios previstos para o ano 2080 de 3 ºC en inverno e 4 ºC
en verán.
No tocante á evolución das precipitacións no territorio español, os modelos preditivos
contemplan cambios significativos, pero moi variables. Non obstante, os resultados xerados por estes modelos apuntan a unha
redución significativa das precipitacións totais anuais. No caso de Galicia, as proxeccións indican
incrementos de precipitacións de 1 mm/día no inverno e descensos de 1 mm/día no verán. É
tamén previsible que os recursos hídricos experimenten unha redución xeneralizada en toda a
Península Ibérica; Galicia é a zona de menor impacto desta redución de auga
dispoñible.
Para o ano 2030, e considerando un escenario de incremento da temperatura media en España do orde de 1º C,
prevese un descenso medio da contribución hídrica en réxime natural dun 2%, tanto na zona norte, que
comprende as concas dos ríos Miño e Limia, coma na zona de Galicia Costa.