Analizando as emisións difusas do transporte
O transporte de viaxeiros e mercadorías é probablemente o sector que máis dificultades presenta para
contribuír á redución de emisións de gases de efecto invernadoiro. Nas últimas
décadas, o automóbil converteuse no principal medio de transporte utilizado polos cidadáns. O
desenvolvemento de áreas residenciais dispersas na periferia das cidades e vilas, xunto coa concentración de
actividades urbanas, foi posible pola prioridade dada ao vehículo privado. A xeneralización deste transporte
motorizado esixe a utilización de grandes cantidades de enerxía de orixe fósil, feito que está
asociado a niveis moi importantes de emisións de GEI.
As emisións de GEI neste sector dende o ano 1990 ata o 2006 aumentaron nun 104%, incremento relacionado na
súa maior parte co uso do transporte por estrada, en particular coa utilización do vehículo privado.