Unha aproximación desde a industria e produción de enerxía de España en comparación coa UE
A España, cun crecemento de consumo enerxético de máis do 40%, estalle a corresponder un PIB que non
chega ao 30%. Ao mesmo tempo, as emisións de CO2 na última década do século XX aumentaron un 33%.
Curiosamente, o límite establecido no Protocolo de Kioto era do 15%.
As emisións totais de gases efecto invernadoiro (GEI) no 2006 alcanzaran as 433 339 quilotoneladas de CO2
equivalente, o que supón un incremento do 49,5% respecto da cantidade asignada no ano base do Protocolo de Kioto (289
773 quilotoneladas de CO2 eq), descendendo un 1,7% en relación ao 2005, desde que se asinou o Protocolo de Kioto.
En relación á Unión Europea (UE), dos 15 dese ano España era o estado da UE máis
distante do obxectivo establecido no Protocolo de Kioto, distanciándose nun 37,3%.
O ano 2006 é tamén o primeiro ano no que diminúe o consumo anual de enerxía primaria. Esta
relación entre niveis de CO2 e consumo de enerxía sempre está presente pola dependencia que esta ten dos
combustibles fósiles.
Polo tanto, as oscilacións entre as intensidades de emisións de CO2 e os consumos
enerxéticos están claramente relacionadas. En boa parte estas oscilacións responden ás
variacións climáticas e hidrolóxicas. Os invernos fríos supoñen un maior consumo
enerxético, e os anos con precipitacións elevadas aumentan a produción hidráulica da
enerxía, o que se traduce no menor consumo de enerxía.