De electricidade de cero emisións a moita mais combustións

Unidad2

A produción de electricidade en España durante a primeira metade do século XX facíase case exclusivamente con enerxía hidráulica. Cando se construíron todos os grandes embalses houbo que recorrer a outras fontes de enerxía para facer rotar a turbina. O vapor de auga cumpre este papel, pero para formarse temos que recorrer a combustibles fósiles ou á enerxía nuclear.

Unidad2

Durante a segunda metade do século XX a electricidade aumentou significativamente por mor das vantaxes de acceso a calquera punto, da posibilidade de individualizar e coordinar unidades de produción e de interrompela cando non é necesario. Esta dispoñibilidade inmediata de enerxía en calquera lugar e na potencia que se necesita fixo que se abusase da electricidade ata extremos que poden rozar co hedonismo enerxético, o que facilmente pode levar a concluír que o problema enerxético ten máis de abuso no consumo que de carencia na produción.