Unha enerxía con historia
Quizais a máis convencional das enerxías renovables sexa a enerxía hidráulica. A
utilización enerxética do ciclo hidrolóxico remóntase aos albores da Humanidade, aínda que
os seus usos como fonte de electricidade son moito máis recentes. Na actualidade distínguese entre grandes
hidroeléctricas e minihidráulicas, estando o límite nos 5000 KW de potencia instalada.
As minicentrais xogaron un gran papel na electrificación das aldeas e lugares máis remotos de Galicia e,
aínda que moitas quedaron anticuadas e foron abandonadas, está volvendo o interese por elas.