A enerxía solar foto voltaica
Deberiamos aproveitar a enerxía radiante que nos chega do Sol. Recibimos desde alí 60 millóns de
billóns de teps diarios! (un tep é a enerxía producida na combustión dunha tonelada de
petróleo), cantidade equivalente a todas as reservas coñecidas de combustibles fósiles, aínda que
se cre que só dúas millonésimas partes da súa radiación alcanzan a nosa atmosfera.
A captación da enerxía solar pode ser de dous tipos: Fotovoltaica ou Térmica.
A enerxía solar fotovoltaica consiste na conversión directa da enerxía solar en
enerxía eléctrica. Presenta un importante desenvolvemento nalgúns países da Unión Europea,
sobre todo en Alemaña, un dos líderes mundiais, con 363 MWp instalados no ano 2004 e a maior central de
enerxía solar do mundo, Bavaria Solarpark, que ten unha extensión de paneis en torno aos 250 000
m2.
Un dos principais problemas que enfrontan estes sistemas solares é a necesidade de grandes superficies, pois
trátase dunha enerxía difusa —na superficie da Terra recíbese unha potencia máxima de 1000
W/m2— e ademais a intermitencia da subministración obriga a dispoñer de sistemas eficaces de
almacenamento ou conexión á rede eléctrica xeral.