Unha enerxía con pasado pero sen futuro
Pola contra, as grandes centrais hidráulicas causan fortes impactos ambientais e chocan
coa forte resistencia das comunidades locais, opostas á súa instalación.
Na actualidade, a presa máis grande do mundo será a das Tres Gargantas, sobre o río Iang-Tsé
Kiang, no sur da China. Terá 2,3 km de lonxitude e 185 m de altura. Producirá unha enerxía
eléctrica equivalente a 20 centrais nucleares e servirá tamén para controlar as desastrosas enchentes
periódicas do río.