A senda da glaciación diminuiu a enerxía que necesitaban

Este proceso nin sequera se veu interrompido pola última glaciación (Würm), que se iniciou hai uns 20.000 anos. Durante esta época foron capaces de localizar refuxios en zonas axeitadas para vivir, como as do norte da Península, onde chegaban as correntes quentes do Golfo. En covas como as de Altamira deixaron pegadas da súa capacidade de adaptación para conseguir enerxía nesas circunstancias climatolóxicas adversas.

unidad2

Hai uns 10.000 anos rematou a glaciación. A temperatura subiu 5º C en 6.000 anos, o que fundiu enormes masas de xeo e elevou o nivel do mar uns 200 metros, inundando as terras baixas, que tiñan que ser as mellores zonas de caza de herbívoros, o que se sumou á diminución dos grandes herbívoros, posiblemente por un exceso de caza.

Aínda que a fin da glaciación puido vivirse como unha grande oportunidade para os habitantes das cavernas, supuxo unha crise enerxética para os nosos antepasados, que viron como coa retirada do xeo desaparecía gran parte da súa comida. Porque, sumada a subida do nivel do mar á desaparición dos grandes herbívoros, que comían arbustos e árbores pequenas, impuxéronse os bosques.