A revolución enerxética da forxa hidráulica

A enerxía hidráulica permitiría a finais do século XI, mediante unha nova innovación tecnolóxica tamén baseada no roda hidráulica, a mellora da forxa do aceiro. Coa introdución da auga para golpear o aceiro no proceso de forxa, conseguiuse que o ferro non fose tan puro, xa que esta tecnoloxía facilitaba a mestura co C do carbón vexetal incandescente. Ista mellora no golpeo aproveitando a enerxía hidráulica era o que facilitaba a mestura do ferro incandescente co C das brasas do carbón vexetal, o que permitiu conseguir así aceiro máis resistente e lixeiro en cantidades moito máis importantes que nas forxas manuais, que funcionaban desde o paso do uso do bronce ao do aceiro uns 1.500 anos a. C.

unidad2

O feito de que as pezas de ferro fosen agora máis grandes, máis baratas e máis lixeiras favoreceu que ao longo do século XII se fosen desenvolvendo e estendendo arados cada vez máis potentes con reixas de ferro máis fortes e tirados por animais ferrados. Os novos arreos e formas de xunguirlles os arados e apeiros, ademais dos avances na selección xenética dos animais de tiro domésticos, que redundaron na consecución de animais máis robustos e fortes, fixeron posible que estes animais ferrados desenvolvesen o seu traballo con maior eficacia e potencia.

Deste xeito, as ferrarías movidas por auga xeneralizáronse por Europa entre os séculos XI e XIII, dando lugar á primeira gran revolución enerxética derivada do uso humano de ferramentas, polo que algúns historiadores denominan a esta etapa Primeira Revolución Industrial. Esta revolución enerxética baseada en arados, ferraduras e ferrarías hidráulicas multiplicou a produción agrícola, o que desembocou nun importante aumento da poboación.