A revolución enerxética da forxa hidráulica
A enerxía hidráulica permitiría a finais do século XI, mediante unha nova innovación
tecnolóxica tamén baseada no roda hidráulica, a mellora da forxa do aceiro. Coa introdución da
auga para golpear o aceiro no proceso de forxa, conseguiuse que o ferro non fose tan puro, xa que esta tecnoloxía
facilitaba a mestura co C do carbón vexetal incandescente. Ista mellora no golpeo aproveitando a enerxía
hidráulica era o que facilitaba a mestura do ferro incandescente co C das brasas do carbón vexetal, o que
permitiu conseguir así aceiro máis resistente e lixeiro en cantidades moito máis importantes que nas
forxas manuais, que funcionaban desde o paso do uso do bronce ao do aceiro uns 1.500 anos a. C.
O feito de que as pezas de ferro fosen agora máis grandes, máis baratas e máis lixeiras favoreceu que
ao longo do século XII se fosen desenvolvendo e estendendo arados cada vez máis potentes con reixas de ferro
máis fortes e tirados por animais ferrados. Os novos arreos e formas de xunguirlles os arados e apeiros, ademais dos
avances na selección xenética dos animais de tiro domésticos, que redundaron na consecución de
animais máis robustos e fortes, fixeron posible que estes animais ferrados desenvolvesen o seu traballo con maior
eficacia e potencia.
Deste xeito, as ferrarías movidas por auga xeneralizáronse por Europa entre os séculos XI e XIII,
dando lugar á primeira gran revolución enerxética derivada do uso humano de ferramentas, polo que
algúns historiadores denominan a esta etapa Primeira Revolución Industrial. Esta revolución
enerxética baseada en arados, ferraduras e ferrarías hidráulicas multiplicou a produción
agrícola, o que desembocou nun importante aumento da poboación.