Substituirá a economía do hidróxeno a actual orde mundial?
A curto prazo, gastar menos combustible constitúe o mellor modo de frear o aumento do consumo de petróleo e
daquela das emisións de gases invernadoiro dos motores de explosión, sobre todo, tendo en conta que o parque
móbil actual, cifrado en 750 millóns, estará triplicado no 2050, debido sobre todo ao crecente poder
adquisitivo dos consumidores chineses, indios e doutros países con economías emerxentes.
Con estas previsións, a longo prazo durante o século XXI deben aparecer vehículos de rendemento
elevado e emisións cero. Sendo así, os vehículos do futuro deben alimentarse de sistemas como os
dependentes das conexións da rede eléctrica e por combustible de hidróxeno.
Desgrazadamente, a comercialización de vehículos eléctricos atópase coa dificultade de que nin
sequera as maiores baterías acumulan enerxía suficiente para dotar os vehículos dunha autonomía
equiparable á dos vehículos de gasolina.
Non obstante, os vehículos de pila de combustible combinan o hidróxeno (o combustible) co osíxeno do
aire para xerar a enerxía que alimenta un motor eléctrico. Ademais, os vehículos de pila de
hidróxeno ofrecen unha eficiencia varias veces maior que a dos autos de gasolina actuais e polo tubo de escape emiten
só vapor de auga, co que funcionan con emisións cero. Como se pode obter o hidróxeno a partir da auga?
Que produto se obterá coa combustión de hidróxeno? Por que se di que un coche de hidróxeno
funciona con emisións cero? Así mesmo,
Así mesmo, a obtención do hidróxeno combustible non libera gases invernadoiro á atmosfera. A
enerxía para descompoñer a auga en osíxeno e hidróxeno mediante electricidade pode obterse de
células solares, turbinas eólicas, placas fotovoltaicas, centrais xeotérmicas e demais fontes
renovables. Esta nova economía do hidróxeno require de I+D+i para conseguir vehículos atractivos, para
desenvolver a obtención de hidróxeno en cantidades importantes a partir de enerxías renovables que
permitan que un deserto se poida dotar de placas fotovoltaicas que permitan obter e almacenar en tanques o hidróxeno.
Iso supón tamén desenvolver infraestruturas de distribución que ocupen os actuais sistemas de
refinamento e distribución de gasolina e gasóleo.
A produción da enerxía para a electrólise podería ser tamén nuclear, aínda que o
procedemento non resultaría máis barato que outro baseado en fontes renovables. Ademais,
as centrais nucleares xerarían hidróxeno sen electrólise, porque a intensa calor dos reactores
descompón a auga mediante un proceso termoquímico.