Maquinaria

E sen enerxía... Que farían as industrias? Toda a maquinaria que fai que unha industria produza está movida por enerxía. Así, desde a construción dun edificio ata a fabricación dun coche, ou a elaboración de roupa, practicamente todo o producido de forma artificial supón o emprego dunha maquinaria máis ou menos complexa que funciona grazas á enerxía.

Unidad 2

Mais non só a maquinaria empregada nas industrias funciona con enerxía. Por exemplo, actividades como a agricultura e a gandaría tamén botan man de maquinaria que simplifica moito o traballo.

Tecnoloxía Estamos na era das tecnoloxías: televisión, radio, teléfono, fax, ordenadores, impresoras, fotocopiadoras.... parecen cada vez máis imprescindibles nas nosas vidas. Sería isto posible sen o fluxo de enerxía que as fai funcionar?

Unidad 2