Calor
Un dos usos básicos do consumo enerxético actual é a produción de calor. De non ser por esta
enerxía calorífica non poderíamos habitar en rexións do mundo con climas moi fríos, e a
nosa vida en latitudes mornas carecería do confort con que contamos. Así, desde as fogueiras ata a
calefacción, a enerxía calorífica fai máis agradable, e mesmo posible, a nosa vida.
Esta enerxía tamén nos permite cociñar. Isto é fundamental para certos grupos de alimentos,
como os mariscos e as carnes, xa que coas altas temperaturas se eliminan os microorganismos e bacterias que poderían
ser fonte de infeccións. Ademais, cociñando os alimentos increméntase o tempo de conservación dos
mesmos.