Iluminación
Tamén para iluminar espazos precisamos enerxía. Sen luz artificial non poderiamos ver nos lugares en que non
houbese luz solar. Aquela permítenos non só ver tras o solpor, senón tamén desenvolver
actividades en espazos pechados. A nosa forma de vida fainos totalmente dependentes desta iluminación artificial e da
enerxía necesaria para facela funcionar.
A iluminación artificial non só se emprega no interior dos fogares ou dos lugares de estudo e traballo,
senón que está presente en espazos abertos, nas rúas, nas estradas... o cal en certas rexións do
mundo repercute de forma negativa na observación astronómica, provoca perturbacións nos hábitats
naturais, hiperluminosidade para o tráfico, tanto terrestre como aéreo e marítimo, etc.